Hush (canción de Billy Joe Royal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
«Hush»
Sinxelo de Billy Joe Royal
Lanzamento
Formato {{{formato}}}
Gravada 1967
Xénero musical Swamp rock[1]
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:30
Discográfica Columbia
Produtor(es) Joe South
Escritor(es) Joe South
Cronoloxía
«"These Are Not My People"
(1967)»
«Hush» «"Storybook Children"
(1968)»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Hush é unha canción escrita polo compositor estadounidense Joe South para o artista Billy Joe Royal, cuxo sinxelo acadou o número 52 na Billboard Hot 100 o 28 de outubro - 11 de novembro de 1967,[2] e o 45 no Canadá.[3] O propio South gravou a canción en 1968, e incluína no seu segundo álbum, Games People Play.[4]

Deep Purple e Kula Shaker fixeron as súas propias versións da canción. O tema foi popularizada polo grupo Deep Purple en 1968. O sinxelo -primeiro da banda- contaba con «One More Rainy Day» na cara B, e chegou ó 4º posto do Hot 100 estadounidense, e ó 2º posto no Canadá, aínda que pasou desapercibido no Reino Unido.

A canción incluíuse no primeiro álbum do grupo, Shades of Deep Purple, e deu a coñecer á banda en Norteamérica, onde en principio gozaron de moito máis éxito que na súa Inglaterra natal, durante os seus primeiros anos, a finais da década de 1960, con Rod Evans na voz e Nick Simper no baixo. O grupo volveu gravar o tema 20 anos despois, con Ian Gillan nas voces, para conmemorar o vixésimo aniversario da súa edición, e foi incluído como tema de estudo do dobre LP en directo Nobody's Perfect, de 1988.

Hush tamén foi interpretada por nomes como Johnny Hallyday (en francés), Kula Shaker, Funk Machine, ou a banda tributo a Deep Purple Funky Junction, con Phil Lynott.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ThoughtCo (ed.). "What Is Swamp Rock?". Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  2. Billboard (ed.). "Billy Joe Royal – Chart history". Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  3. [1]
  4. https://www.discogs.com/Joe-South-Games-People-Play/release/2045389