Saltar ao contido

Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann
Título orixinalHundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann
Autor/aJonas Jonasson
CubertaEric Thunfors
OrixeSuecia Suecia
LinguaSueco
Tema(s)pensionista
Xénero(s)Novela
Editorial Piratförlaget
Data de pub. 9 de setembro de 2009
Páxinas391
ISBN 978-91-642-0296-3
editar datos en Wikidata ]

Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann é unha novela cómica escrita polo autor sueco Jonas Jonasson[1] que foi publicada no 2009.

O autor, Jonas Jonasson

Allan Karlsson é un cidadán sueco que se atopa a piques de cumprir o seu centésimo aniversario. Vivindo nunha residencia da terceira idade, e mentres os seus veciños lle estaban a preparar unha festa para celebralo, Karlsson decide botarse pola fiestra da súa habitación e fuxir da residencia; é o 2 de maio de 2005. A partir de aquí, a historia segue as peripecias do protagonista mentres é perseguido por narcotraficantes e policías.

Alén das aventuras de Karlsson, ó longo da novela tamén se conta de xeito paralelo a vida anterior do protagonista: entre outros feitos, Allan Karlsson comparte mesa co futuro presidente dos Estados Unidos Harry Truman, conversa con Winston Churchill, viaxa en barco coa muller de Mao Zedong ou atravesa a pé o Himalaia.

Adaptación ó cinema

[editar | editar a fonte]

O 25 de novembro de 2010 anunciouse que Felix Herngren dirixiría unha adaptación cinematográfica do libro. O filme foi producido por FLX Film e comezou a rodarse no 2012.[2] Robert Gustafsson foi o encargado de interpretar o papel protagonista, Allan Karlsson.[3] A estrea produciuse en Suecia o 25 de decembro do 2013. Walt Disney Studios Motion Pictures negociou os dereitos de distribución.[2][3][4] O filme bateu o récord histórico de recadación en Suecia.

  1. "Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann" (en sueco). Piratförlaget. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 2 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Felix Herngren filmar Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann" (en sueco). Piratförlaget. 25 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 2 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Ståhlberg, Carin (11 de xullo de 2011). "Gustafsson kliver ut genom fönstret i ny film". Dagens Nyheter (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2012. 
  4. Roxborough, Scott (12 de outubro de 2012). "Swedish '100 Year Old Man' Gets $1.6 Million in Financing". The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]