Humidade do solo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Denomínase humidade do solo á cantidade de auga por volume de terra que hai nun terreo.

A súa medición exacta realízase gravimetricamente, pesando unha mostra de terra antes e despois do secado.

A súa medición in vivo suscita máis dificultades, sendo o TDR e a sonda de neutróns os sensores con mellores respostas.

Para terreos salinos ou moi áridos, emprégase experimentalmente o SBIB capaz de medir a humidade do chan sen que lle afecten as súas características e con maior sensibilidade en terreo árido.

Para medidas a longo prazo tamén se empregan métodos manuais como bloques de xeso.