Humanose é o segundo álbum de estudio de Dios ke te crew. Trátase dun disco conceptual no que se trata a autocrítica cara a nosa propia existencia como especie humana, que se cre o centro do universo e se converte nunha enfermidade para a Terra.
O traballo de produción, gravación e mesturas levouno a cabo Mou, Mc da banda. O disco tamén conta con colaboracións doutros artistas entre as que destaca a da banda de metal Machina.