Saltar ao contido

Hulk (banda deseñada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hulk
Información editorial
EditorialMarvel Comics
Primeira apariciónThe Incredible Hulk #1, maio de 1962
CreadoresStan Lee, Jack Kirby
Biografía ficticia
Nome completoBruce Banner
Alter egoHulk
OrixeEstados Unidos de América
EquiposAvengers, Defenders, Fantastic Four, Heroes For Hire
CompañeirosRick Jones
FamiliaBrian Banner (pai, falecido), Rebeca Banner (nai, falecida), Jennifer Walters (curmá), Betty Banner Ross (esposa), Xeneral Ross (sogro), Caiera (esposa falecida), Skaar (fillo), Lyra (filla)
Outros aliasCaptain Universe, Joe Fixit, Mr. Fixit, Mechano, Professor Bruce Bancroft, David Banner, David Bixby, Bob Danner, Bruce Jones, Bruce Roberts, David Blaine, Green Scar, Bob, World-Breaker, Sakaarson
Habilidades e poderesHabilidades físicas sobrehumanas.

Hulk é un personaxe ficticio do Universo Marvel de Marvel Comics. Foi creado por Stan Lee e Jack Kirby, e apareceu por vez primeira en The Incredible Hulk #1 en maio de 1962.

Hulk é o alter ego emocional e impulsivo do Doutor Bruce Banner, un físico tímido e reservado. Aparece pouco despois de que Banner exponse de xeito accidental á radiación dunha bomba gamma inventada por el. Logo diso Banner transfórmase involuntariamente en Hulk, un monstro humanoide xigante e violento, o que lle traerá a Banner a ter unha morea de complicacións persoais. Stan Lee ten dito que a idea de Hulk está inspirada por unha mestura do Dr. Jekyll e Mr. Hyde e Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Aínda que a cor de Hulk ten variado a través dos anos, a maioría das veces é verde. Cando se transforma en Hulk, Banner é quen de alcanzar moita forza física, que medra coa ira do personaxe. As emocións fortes como a ira ou terror favorecen e provocan a transformación de Banner en Hulk. O argumento típico das historias é o exército dos Estados Unidos perseguindo a Banner por toda a destrución que causa Hulk.

Hulk foi levado ao cinema e á televisión. Entre elas, destaca a serie de televisión onde Bill Bixby como o Doutor Banner e Lou Ferrigno como Hulk. Tamén apareceu no cinema baixo a dirección de Ang Lee (Hulk, 2003) e Louis Leterrier (The Incredible Hulk, 2008), e tamén aparecerá no vindeiro filme de The Avengers.