Hulanna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Hulanna foi un río do Imperio Hitita, non localizado, pero situado no centro do imperio, para o oeste ou noroeste de Hattusa. O río daba nome a toda a rexión. O territorio sublevouse contra o rei Ammunas na metade do século -XVI. Sobre o -1370 foi atacada polos kaskas e recuperada polo rei Tudhaliyas III pouco despois.

Sobre o -1300 a rexión quedou incluída entre as terras cedidas a Hattusilis polo seu irmán Muwatallis II, coas que se formou o reino vasalo de Hakpis.