Hrútar
Hrútar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hrútar |
Director | Grímur Hákonarson |
Produtor | Grímar Jónsson |
Guión | Grímur Hákonarson |
Intérpretes | |
Música | Atli Örvarsson |
Fotografía | Sturla Brandth Grøvlen |
Montaxe | Kristján Loðmfjörð |
Estudio |
|
Estrea | Festival de Cannes: 15 de maio de 2015 28 de maio de 2015 |
Duración | 92 minutos[1] |
Orixe | Islandia Dinamarca[2][3] (en asociación con Noruega e Polonia[4] |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 1,75 millóns de euros |
Recadación | 1,90 millóns de dólares[5] |
Na rede | |
Hrútar é un filme islandés de 2015 escrito e dirixido por Grímur Hákonarson. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015[6][7] onde gañou o Prix Un Certain Regard.[8] Estreouse na sección Cinema Contemporáneo do Mundo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.[9] Foi escollido como candidato islandés ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais non foi nomeado.[10][11] En 2016, o xornal dixital Kjarninn considerouno como o segundo mellor filme islandés de tódolos tempos.[12]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Dous irmáns gandeiros de ovellas hai corenta anos que non falan entre eles debido ás diferenzas nas súas personalidades, complicado polo mal humor e o alcoholismo dun deles (Kiddi) e o resentimento e os celos de Gummi polo carneiro premiado de Kiddi. Viven en casas adxacentes na granxa familiar, propiedade legal do irmán sobrio. Ambos son solteiros e apegados aos seus rabaños. Un carneiro premiado pertencente a Kiddi ten o mal das ovellas tolas e despois de que Gummi informase dos seus síntomas, que logo se atopan noutras dúas granxas, cómpre sacrificar todas as ovellas do val. Os labregos deben queimar o feno e desinfectar os pendellos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sigurður Sigurjónsson como Gummi
- Theódór Júlíusson como Kiddi
- Charlotte Bøving como Katrin
- Jon Benonysson como Runólfur
- Gunnar Jónsson como Grímur
- Þorleifur Einarsson como Sindri
- Sveinn Ólafur Gunnarsson como Bjarni
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (10 de decembro de 2015). "RAMS (15)". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ "Rams (Hrútar)". Cineuropa. Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ New Europe Film Sales (ed.). "Rams (press kit)" (PDF). Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ Wendy Mitchell (26 de novembro de 2015). Screen Daily, ed. "'Rams' director Grimur Hákonarson plots next film". Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ The Numbers (ed.). "Hrutar (2015)". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Cannes (ed.). "2015 Official Selection". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016. Consultado o 16 de abril de 2015.
- ↑ Festival de Cannes, ed. (6 de maio de 2015). "Screenings Guide". Consultado o 8 de maio de 2015.
- ↑ Rebeccas Ford (23 de maio de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Cannes: 'Rams' Wins Un Certain Regard Prize". Consultado o 23 de maio de 2015.
- ↑ Variety (ed.). "Sandra Bullock’s ‘Our Brand Is Crisis,’ Robert Redford’s ‘Truth’ to Premiere at Toronto". Consultado o 30 de agosto de 2015.
- ↑ Variety, ed. (8 de setembro de 2015). "Iceland Sends ‘Rams’ to Vie For Foreign Language Oscar Nom". Consultado o 8 de setembro de 2015.
- ↑ Hollywood Reporter, ed. (8 de setembro de 2015). "Oscars: Iceland Selects 'Rams' For Foreign-Language Category". Consultado o 8 de setembro de 2015.
- ↑ "Tíu bestu íslensku kvikmyndirnar". 17 de xuño de 2016. Consultado o 21 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Islandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hrútar na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)