Home dels nassos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Home dels nassos segundo un almanaque do século XIX.

O home dels nassos[1] (en galego: Home dos fociños) é unha personaxe da mitoloxía catalá que ten tantos fociños como días lle restan ó ano. Porén, só se pode ver o 31 de decembro ou aninovo. Facéndose visible só o último día do ano, a personaxe da mitoloxía ten, como todos os seres humanos, un único nariz, e polo tanto, pode ser calquera persoa.[1]

Tradicionalmente, explícaselles ós nenos que o último día do ano aparece o Home dels nassos, unha persoa que ten tantos fociños como días ten o ano. Cóntaselles de tal xeito que os nenos imaxinan unha persoa monstruosa con 365 narices na súa faciana, sen pensar que o 31 de decembro só resta un día para rematar o ano.[1] Malia que esta tradición ten un forte arraigo na cidade de Barcelona, tamén está presente en diversas poboacións catalás que presentan nalgúns casos pequenas variacións ou localismos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Amades 2005: p. 256
  2. Amades 2005: p. 257

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amades, Joan. Costumari Català (papel) 1 (2005a ed. ed.). Barcelona: Edicions 62. pp. 255–260. ISBN 84-297-5719-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]