Hoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hoe.

Hoe pode aludir a varios pratos de comida crúa da cociña coreana. O saengseon hoe (생선회) é pescado ou marisco cru cortado finamente (parecido ao sashimi xaponés); o yukhoe (육회) é hoe feito con tenreira crúa e condimentado con salsa de soia, aceite de sésamo e viño de arroz; e o gan hoe (간회) é fígado de tenreira cru cunha salsa de aceite de sésamo e sal.

O hoe adoita mollarse nunha salsa picante a base de gochujang chamada chogochujang (초고추장), ssamjang (쌈장), ou salsa de wasabi, e envólvese en leituga e follas de pera coreana. Para darlle ao hoe un aspecto agradable, sérvese normalmente sobre unha masa de dangmyeon (fideos celofán) sen cociñar.

Cando a xente acaba unha comida de saengseon hoe nun restaurante, ás veces piden maeuntang (estufado de peixe picante, feito coas cabezas e a carne sobrante do pescado) con verdura variada.

Galería[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hoe