Historische Sprachforschung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Historische Sprachforschung (HS) ("Investigación lingüística histórica") é unha revista alemá de lingüística histórica indoeuropea, fundada en 1852 por Adalbert Kuhn. O nome actual é recente: anteriormente a revista chamábase Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung (Revista de lingüística comparativa) ou, máis simplemente, Kuhn's Zeitschrift (KZ). A denominación actual foi introducida en 1988 (en ocasión do volume n° 101). Pola súa antigüidade é a segunda revista de lingüística aínda activa, e substituíu os Beiträge zur vergleichenden Sprachforschung ("Contribucións de lingüística comparativa") ou Kuhn-Schleichlers Beiträge (KSB; 1852-74) e os Beiträge zur Kunde der indogermanischen Sprachen ("Contribucións de indoeuropeística") ou Bezzenbergers Beiträge (BB; 1877-1906). Actualmente o director responsábel é Martin Kümmel (Universidade de Jena), e a editorial Vandenhoeck & Ruprecht, Göttingen. Normalmente saen dous números por ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Índice dos números 1-100 da Kuhns Zeitschrift (en alemán)