Saltar ao contido

Adalbert Kuhn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdalbert Kuhn

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Franz Felix Adalbert Kuhn Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1812 Editar o valor en Wikidata
Chojna, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1881 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, folclorista, filólogo, historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosErnst Kuhn Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Franz Felix Adalbert Kuhn, nado en Königsberg in der Neumark o 19 de novembro de 1812 e morto en Berlín o 5 de maio de 1881, foi un lingüista e filólogo alemán, estudoso da mitoloxía, da prehistoria e das antigüidades indoeuropeas. Considérase o fundador da mitoloxía comparada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kuhn nace en Königsberg en 1812 na rexión de Neumark, en Brandeburgo. En 1841 comezou a súa relación co Köllnisches Gymnasium en Berlín, do cal se converteu en director en 1870. Kuhn foi o fundador dunha nova escola de mitoloxía comparativa, baseada na filoloxía comparada. Inspirado na obra Deutsche Mythologie de Jakob Grimm, dedicouse ao estudo das historias e das lendas xermánicas e publicou diversos ensaios: Märkische Sagen und Märchen (1842), Norddeutsche Sagen, Märchen und Gebräuche (1848) e Sagen, Gebräuche und Märchen aus Westfalen (1859).

Pero a súa reputación baséase nas súas investigacións sobre a lingua e a historia dos pobos indoeuropeos en conxunto. Os seus libros cimeiros neste ámbito son: Zur ältesten Geschichte der Indogermanischen Völker (1845), no que tentou render conta da primitiva civilización indoeuropea antes da súa fragmentación en diversos pobos, confrontando e analizando os significados orixinarios das palabras e das súas derivacións nas diferentes linguas: Die Herabkunft des Feuers und des Göttertranks (1859; nova ed. de E Kuhn, baixo o título de Mythologische Studien, 1886); Über Entwicklungsstufen der Mythenbildung (1873), no que sostén que as orixes dos mitos deben buscarse no dominio da lingua, e que os seus factores máis esenciais eran a polisemia e a homonimia.

Kuhn foi tamén editor da revista Historische Sprachforschung (orixinariamente Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung auf dem Gebiete der Indogermanischen Sprachen), que era na súa época a revista máis acreditada sobre o tema.