Historia de São Paulo
A orixe da historia urbana de São Paulo é o patio dun colexio xesuíta que, no 1554, na festividade da conversión de São Paulo, fundan uns misioneiros da Compañía para evanxelizar aos indios da rexión. Elixen un outeiro protexido polos vales de dous regatos: o Anhangabaú ao oeste e o Tamanduateí ao leste.
Ao arredor configúrase unha pequena vila que terá forma triangular: nos vértices, tres centros relixiosos, e tres rúas delimitadoras: rúa Direita, de leste a oeste, entre o Colexio e o convento de San Francisco ata o Anhangabaú; rúa Sao Bento, de sur a norte, entre S.Francisco e o convento de Sao Bento; e facendo de hipotenusa, a rúa XV de Novembro [1].
Así vai permanecer practicamente ata a segunda metade do século XIX cando, da man da expansión do cultivo do café pola rexión e o ferrocarril que o trasportaba ata o porto de Santos, na costa, a cidade de São Paulo vaise desenvolver freneticamente ata se converter nunha metrópoles.
Primeiro, oubo que salvar a orografía que a constreñía, e fíxose cos viadutos que caracterizan a actual urbe. Os primeiros, que salvan o Anhangabaú: o do Chá continuando a rúa Direita ata o Teatro Municipal; e o de Santa Efixenia, máis ao norte, dende Sao Bento ata a igrexa de Sta. Efixenia no barrio homónimo [2].
Despois a cidade medrou brutal e descontroladamente por mera xustaposición de barrios [3]. O máis destacado por seren o corazón da actual cidade, o do suroeste, en torno a Avenida Paulista [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2006. Consultado o 15 de outubro de 2005.
- ↑ [1] São Paulo en 1913
- ↑ [2]
- ↑ [3]