Historia de Boston
Boston é a capital e a cidade principal do estado de Massachusetts, ao norte dos Estados Unidos de América. Constitúe o centro económico e cultural da Nova Inglaterra.
Colonia puritana
[editar | editar a fonte]A pequena península Shawmut (3 km² [1] garda rexistros que proban que foi habitada polos indíxenas dende o 5000 a.C. Os primeiros europeos a chaman Trimountaine polos tres outeiros xuntos que a caracterizan.
En 1625 William Blaxton (ou Blackstone) aséntase en solitario ao pé dun deles (Beacon Hill, onde había un bo manancial, actual Boston Common). Pasa por seres o primeiro bostoniano.
Era o tempo da chegada dos pilgrims e os puritanos establecendo as colonias fundacionais de Nova Inglaterra [2]. Dende a outra beira do río Charles, onde se establacera Charlestown e faltaba a auga, John Winthrop e os seus puritanos viñeron a asentarse xunto ao manancial de Beacon Hill en 1630 e tivo lugar a fundación formal da colonia co nome de Boston (pola cidade inglesa homónima, procedencia de moitos prominentes colonos) [3],[4]. De seguido comeza un incipiente tráfico portuario (peiraos) con Inglaterra e o comercio do bacallau [5].
A finais do século XVII e comezos do XVIII Boston experimenta un gran crecemento converténdose na primeira vila da colonia [6], e para 1720 é xa o primeiro porto de América e o terceiro do Imperio Británico. Para iso en 1715 construíuse un gran peirao (Long Wharf, máis de 500m) [7].
Independencia
[editar | editar a fonte]Dende os comezos da colonia o centro de Boston márcao a encrucillada entre Cornhill Street (despois Washington) e King Street (baixada ao Long Wharf [8]. Alí estivo o primeiro mercado [9]/f01/lectureimages/2/02004.JPG] e no 1657 a Town House (concello [10],[11] de madeira. Ardeu en 1711 e dous anos despois levantouse en ladrillo a Old State House, a máis vella construción do Boston moderno. Esa foi tamén a xeografía dos primeiros acontecementos da revolución (1770-75 [12]) que levaron á independencia dos Estados Unidos.
Século XIX: desmontes e recheos
[editar | editar a fonte]Inda que superada por Filadelfia e Nova York, Boston mantivo a súa predominante posición dentro da nova nación, sobor de todo polo seu porto que convértese nun dos máis florecentes do mundo. Para iso levouse a cabo unha das maiores obras de enxeñaría do século e que reconfiguraría a forma da cidade: desmontáronse os outeiros da península para o recheo masivo da súa liña costeira triplicando a superficie portuaria e urbana [13]) no que fora unha enseada na época dos puritanos [12].
Tamén en 1830, o Boston Common, que fora zona de pasto de mancomún e campo militar e de aforcamentos, convértese no gran parque público da cidade (ampliado cos Public Gardens, 1837). A Beacon Hill que o limitaba polo norte desmóntase é alí eríxese a nova State House [14] e un barrio entre os máis característicos dos bostonianos ata hoxe [15] .
Xa na segunda metade do XIX, Boston transfórmase en centro industrial manufactureiro da man dunha completa rede de modernas infraestruturas: dende 1786 unha serie de pontes foron comunicando ámbalas dúas beiras do río Charles; canais coma vías de penetración e saída do seu hínterland; e finalmente o ferrocarril [16],[17]. Todo o cal facilitou a progresiva suburbanización (South Boston, East Boston [18]). Unha forte inmigración europea (sinaladamente irlandesa) achegou a man de obra precisada e un grande incremento de poboación. As anexións de concellos periféricos facilitaron a configuración da actual municipalidade.
O gran recheo desta época foi o da Back Bay (río Charles, oeste do Boston Common [19]). Coa influencia do París de Haussmann elabórase un plan ortogonal, ordenado, cun gran bulevar central [20],[21]. No extremo oeste un novo parque, o Back Bay Fens obra do famoso paisaxista Frederick Law Olmsted (1877), continúa o corredor verde da cidade [22].
Século XX
[editar | editar a fonte]A primeira metade da centuria supuxo un importante declive pola obsolescencia da industria bostoniana e a obrigada reconversión. Foi da man da biotecnoloxía que, a partir dos setenta, Boston volveu a recuperar o pulo de metrópole puxante.
A grande obra dos últimos anos na cidade foi a coñecida coma Big Dig, ou soterramento dunha autoestrada que atravesaba de norte a sur o centro histórico [23],[24],[25].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Arquivado 05 de xuño de 2010 en Wayback Machine.)
- ↑ [2]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2006. Consultado o 08 de maio de 2006.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ [3]
- ↑ [4], hoxe State)
- ↑ [Ligazón morta
- ↑ [5]
- ↑ [6] Arquivado 05 de maio de 2013 en Wayback Machine.)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2012. Consultado o 05 de agosto de 2012.
- ↑ [7] Arquivado 05 de xuño de 2010 en Wayback Machine.[8]. E de destacar un primeiro recheo diante do mercado da cidade (Faneuil Hall, 1742) para amplialo (Quincy Market e Aduana, 1830 [9] Arquivado 09 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ [10]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2007. Consultado o 12 de febreiro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2005. Consultado o 15 de febreiro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2009. Consultado o 17 de febreiro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2008. Consultado o 09 de setembro de 2008.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2005. Consultado o 24 de setembro de 2005.
- ↑ [11]