Hippolyte Louis Gory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hippolyte Louis Gory
Nacemento27 de setembro de 1800
Lugar de nacementoParís
Falecemento26 de abril de 1852
Lugar de falecementoParís
Nacionalidadefrancesa
Ocupaciónentomólogo
CónxuxeSophie Marie Sotom
Linguafrancés
editar datos en Wikidata ]

Hippolyte Louis Gory, nado en París o 27 de setembro de 1800 (segundo o calendario francés da época, o 5 de vendimario do ano IX), e finado na mesma cidade o 26 de abril de 1852, foi un entomólogo francés especializado en coleópteros.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gory naceu en París o 27 de setembro de 1800. O 30 de marzo de 1826 casou, en París, con Sophie Marie Sotom.

Especializado en entomoloxía, unha das súas obras principais foi a Histoire naturelle et iconographie des insectes coléoptères (1837–1841), da que escribiu os volumes 2 a 4. (Francis de Laporte de Castelnau foi o autor do primeiro volume). Esta obra é un dos máis singulares libros de entomoloxía. Outro traballo maxistral da súa autoría foi a Monographie des cétoines et genres voisins, escrito en colaboración con Achille Rémy Percheron.

Horn e Schenkling1 deron unha lista de 44 traballos seus de entomoloxía.[2]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Gory emprégase para recoñecr a Hippolyte Louis Gory como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gory, Hippolyte Louis (1800-1852) en idref.fr.
  2. Horn, W. & Schenkling, S. (1928-1929): Index Litteraturea Entomologicae, Serie I: die Welt-Literatur über die gesamte Entomologie bis inklusive 1863. Berlin-Dahlem: Selbstverlag W. Hornpp., pp. 441-442.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]