Hipopotomonstrosesquipedaliofobia
A hipopotomonstrosesquipedaliofobia é o medo irracional ou fobia á pronuncia de palabras longas ou complicadas; e a calquera conversa que poida implicar o uso destas palabras ou palabras que non sexan de uso coloquial. Segundo o DSM-5 (Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders, Fifth Edition) é unha fobia social.[1] Adoita empregarse o termo sesquipedaliofobia como abreviatura da orixinal.
Causas e síntomas
[editar | editar a fonte]Xeralmente preséntase en persoas que sufriron un trauma infantil relacionado con palabras longas como un problema de ansiedade social ou pánico escénico.[2]
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
- Aumento do ritmo cardíaco
- Hiperventilación
- Exceso de suor
- Ansiedade e angustia
- Boca seca
- Pensamentos catastróficos
- Perda da concentración e desorientación
- Ansiedade social
- Malestar estomacal
- Dor de cabeza e tensión muscular
Etimoloxía e pronunciación
[editar | editar a fonte]O termo hipopotomonstrosesquipedaliofobia ([i.po.po.to.mons.tɾo.ses.ki.pe.da.ljoˈfo.bja]) procede do grego hipopoto (de hippopotamus, cabalo do río, para indicar que é unha palabra monstruosamente grande, coma un hipopótamo) + do latín monstro (de monstrum, "monstruoso") + sesquipedalio (do latín sesquipedalian, "dun pé e medio") + phobos (do grego, "medo").[3]
En lingua galega contén dezasete letras distintas (a, b, d, e, f, h, i, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u) e dous ditongos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What Is Hippopotomonstroses-quippedaliophobia?". Healthline (en inglés). 2021-03-18. Consultado o 2022-11-04.
- ↑ "Hipopotomonstrosesquipedaliofobia: el miedo irracional a las palabras largas". psicologiaymente.com (en castelán). 2017-05-06. Consultado o 2022-11-04.
- ↑ [1] etimologias.dechile.net (en castelán).