Hidden World é o primeiro álbum de estudio da banda canadense de hardcore punkFucked Up, publicado o 10 de outubro de 2006 a través do selo Jade Tree en CD e como dobre vinilo por Deranged Records. Hidden World foi elixido mellor álbum punk do ano pola revista canadense Exclaim![1] e tamén foi nomeado ao premio punk do ano nos PLUG Independent Music Awards de 2007.