Hibernáculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hibrenáculo artificial para lagartos

Un hibernáculo é un lugar no que un animal busca refuxio, como un oso que usa unha cova para hibernar.

A palabra pódese usar para describir unha gran variedade de abrigos utilizados por moitos tipos de animais, incluíndo insectos, sapos, lagartos, serpes, morcegos, roedores e primates de varias especies.

Tamén se denominan así os refuxios artificiais que ás veces se constrúen para protexer a algúns animais.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Hibernáculo e un termo da linguaxe científica tirado do latín hibērnacŭlum, plural hibērnacŭla, "tenda para os cuarteis de inverno das lexións romanas"). Neste sentido emprégase no inglés desde 1770.[2]

Importancia para a conservación da natureza[editar | editar a fonte]

Un mellor coñecemento e protección destes hábitats particulares é de grande importancia para a bioloxía da conservación e a salvagarda de moitas especies en perigo de extinción. Por exemplo, algunhas comunidades saproxilófagas requiren grandes cantidades de madeiras mortas de diversas especies; este tipo de hábitat é cada vez máis raro nos bosques cultivados.

Bolboretas invernantes[editar | editar a fonte]

En alemán emprégase a palabra hibernarium para designar tamén o caso das follas e da seda que empregan algunhas eirugas de bolboretas para pasaren o inverno (antes de desenvolver o último estadio larvario).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]