Hermes (satélite artificial)
CTS / Hermes | |
---|---|
Hermes en terra antes do lanzamento | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico / Comunicacións |
Fabricante | Canadian Communications Research Center |
Organización | NASA, CSA |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 17 de xaneiro de 1976, 23:27 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 2914[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Probas de novos conceptos en comunicacións.[1][2] |
NSSDC ID | 1976-004A |
Masa | 680 kg[1] |
Dimensións | Cilindro de 1,17 m de altura e 1,8 m de diámetro con paneis de 6,5 m de longo[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.147 km[4] |
Inclinación | 10,1 graos[4] |
Apoapse | 35.847,9 km[4] |
Periapse | 35.706,1 km[4] |
CTS, acrónimo de Communication Technology Satellite, coñecido tamén como Hermes, foi un satélite artificial da NASA e a Axencia Espacial Canadense lanzado o 17 de xaneiro de 1976 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Hermes foi un satélite experimental lanzado para probar o novedoso concepto, pola época, dun satélite emitindo en alta potencia para recepción en terra por parte de antenas parabólicas relativamente pequenas, concepto coñecido como DBS (Direct Broadcast Satellite). A técnica permitiría a recepción de televisión por satélite nas partes do Canadá fora das zonas urbanas.[1][2][3]
Necesítaronse novas aproximacións tecnolóxicas para a misión de Hermes:[1][2][3]
- Paneis solares grandes e flexibles, capaces de xerar ata 1200 W de potencia para alimentar o transmisor. Os paneis foron proporcionados pola ESA. Os anteriores satélites de comunicacións usaban células solares pegadas á súa superficie, limitando a cantidade de enerxía que podían xerar.
- Estabilización nos tres eixos para poder apuntar os paneis cara ao Sol e apuntar o feixe de transmisión con precisión cara a Terra. Os anteriores satélites estabilizábanse mediante xiro.
- O transmisor de alta potencia estaba equipado cun tubo de guía de ondas novo deseño que xeraba 200 W de potencia de transmisión e que foi proporcionado pola NASA.
- Utilizouse unha nova banda de transmisión a entre 12 e 14 GHz para non interferir cos sistemas de microondas terrestres, o que permitía usar receptores terrestres en contornas urbanas.
O satélite dispoñía de dous transpondedores en banda Ku proporcionados tamén pola ESA, sendo o primeiro satélite de comunicacións en operar nesta banda. As probas de transmisión fixéronse en varias quendas e en campos tan diversos como a teleeducación, a telemedicina, as teleconferencias, as comunicacións entre comunidades e a tranmisión directa ao fogar. Hermes tiña forma de cilindro de 1,17 m de altura e 1,8 m de diámetro, con dous planos superficiais paralelos separados 1,72 m cortando as superficies curvadas do cilindro, planos paralelos tamén ao eixo do cilindro. Os paneis solares sobresaían 6,5 m cada un, cun ancho de 1,3 m. Os experimentos con Hermes acabaron en novembro de 1979.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (10 de xullo de 2019). "Hermes" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2019). "CTS" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CTS (Hermes)" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "CTS" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CTS 1 / Hermes" (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ "Letter dated 7 April 1976 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-08718). 29 de abril de 1976: 2. Consultado o 31 de xullo de 2019.