Hermann Janssen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Hermann Janssen
Nacemento 8 de outubro de 1888
Falecemento 5 de abril de 1971
Ocupación tradutor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Hermann Janssen, nado en Roomelse o 8 de outubro de 1888 e finado na mesma localidade o 5 de abril de 1971, foi un escritor alemán en frisón oriental.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na década de 1920 estivo emigrado nos Estados Unidos, na cidade de Cincinnati. Canda Gesina Lechte-Siemer foi un dos primeiros saterlandeses en traballar pola preservación do frisón oriental. Foi un dos membros fundadores da organización Seelterbuund fon 1952 para a promoción da lingua e que estableceu unha ortografía para escribila. En 1953 comezou a publicar a columna Lesebouk foar Seelterlound no periódico local General Anzeiger [1] que durou ata 1965 e que estaba dedicada á lingua e cultura de Saterland. En 1964 publicou Dät Ooldenhuus. Con Pyt Kramer editou o boletín literario Seelter Trjoue (1966-1972).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Deer waas iensen 'n oold Wieu, libro de banda deseñada, tradución ao saterlandés do conto dos irmáns Grimm Es war einmal eine alte Frau con ilustracións de Tjeerd Bottema. Lavermann Drachten, 1960
  • Dät Ooldenhuus, Ostendorp, Westrhauderfehn 1964
  • Ne Koare ful Spoas, Seelter Trjoue, 1972

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Horst Haider Munske (2004)Deutsch im Kontakt mit germanischen Sprachen Walter de Gruyter, p. 89