Henri Laurent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenri Laurent

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Henri Albert Fernand Laurent Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1881 Editar o valor em Wikidata
Beaulieu-sur-Loire, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
La Rochelle, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1900fencing at the 1900 Summer Olympics – men's masters épée (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor em Wikidata

Henri Albert Fernand Laurent, nado en Beaulieu-sur-Loire o 1 de abril de 1881 e finado en La Rochelle o 14 de febreirode 1954, foi mestre de armas e tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quedou orfo aos trece anos e foi educado cas de seu tío, Alphonse Laurent que exercía como mestre de armas en París. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París na proba de espada profesional, logrando a medalla de bronce. Despois dos Xogos estivo un tempo en Inglaterra mellorando a súa formación esgrimística, e gañou varios torneos internacionais e foi membro da sección técnica de espada da Federación Nacional de Esgrima. Mobilizado durante a primeira guerra mundial foi ferido e feito prisioneiro en 1915, enfermo de tifo curou nun hospital de Lausana e logo deu clases nunha sala de armas da cidade. Foi campión de Francia para profesionais en 1921 e 1923 e profesor titular da sala de armas do prestixioso Lycée Carnot de París.