Henri Jacob Victor Sody
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1892 A Haia |
| Morte | 16 de xaneiro de 1959 Ámsterdam |
| Actividade | |
| Ocupación | zoólogo |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Sody |
Heri Jacob Victor Sody, chamado Han polos seus amigos e colegas, nado na Haia o 31 de agosto de 1892 e finado en Ámsterdam o 16 de xaneiro de 1959, foi un zoólogo neerladés que traballou durante moitos anos nas Indias Orientais Neerlandesas, e despois en Indonesia, especializándose no estudo dos mamíferos daquelas illas (rinocerontes, roedores e primates, sobre todo), describindo por primeira vez para a ciencia diversas especies, entre elas o tarsio de Peleng (Tarsius pelengensis).
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Sody emprégase para recoñecer a Henri Jacob Victor Sody como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Becking, J. H. (1987): Hernri Jacob Victor Sody (1892-1959). His Life and Work. A Biographical and Bibliographical Study.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |