Hendrik Scherpenhuijzen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de abril de 1882 Rotterdam |
| Morte | 28 de xuño de 1971 Amersfoort |
| Comandante | |
| 1 de novembro de 1937 – 15 de xullo de 1940 | |
| Actividade | |
| Ocupación | militar (1899–1940), esgrimista |
| Deporte | esgrima |
| Participou en | |
| 4 de maio de 1924 | Xogos Olímpicos de 1924 |
| Premios | |
| |
Hendrik Dorotheus Scherpenhuijzen, nado en Rotterdam o 3 de abril de 1882 e finado en Amersfoort o 28 de xuño de 1971, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Scherpenhuijzen participou nos Xogos Olímpicos de 1924 celebrados en París co equipo neerlandés de sabre, logrando a medalla de bronce. Co grao de tenente coronel estaba ao mando do Rexemento de Fusileiros [1](Het Regiment Jagers) cando se produciu a invasión alemá durante a segunda guerra mundial, recibindo ordes de atacar as tropas alemáns aerotranspotables que ocupaban Overschie, un suburbio de Rotterdam mentres os alemáns bombardeaban a cidade, na acción Scherpenhuijzen recibiu unha ferida de bala no pescozo [2], polas súas accións recibiu o León de Bronce
[3] en 1946
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ H. Ringoir De waasidels wan het Garderegiment Jagers en zijn woorgangers en Mars et Historia vol 18 nº1 (1984) (en neerlandés)[Ligazón morta]
- ↑ waroverholland.nl da Fundación Kennispunt mei 1940, texto de Allert M.A. Goossens, historiador neerlandés especializado na Segunda Guerra Mundial (en inglés)
- ↑ onderscheidingen.nl (en neerlandés)