Heinkel HD 14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heinkel HD 14
Tipotorpedeiro
FabricanteSvenska Aero AB
Primeiro voo1924
Principais usuariosMariña de Suecia
VariantesHeinkel HD 16

O Heinkel HD 14 foi un torpedeiro biplano monomotor desenvolvido pola compañía alemá Ernst Heinkel Flugzeugwerke na década de 1920 do que só se un prototipo foi fabricado baixo licenza pola sueca Svenska Aero en Estocolmo.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Heinkel HD 14, desenvolvido por Ernst Heinkel Flugzeugwerke, foi pedido en en setembro de 1924 pola Mariña de Suecia para probalo. O avión foi construído por Svenska Aero AB en Lindigö, e en xuño de 1925 foi enviado desmontado aos estaleiros da Mariña en Estocolmo. Tras montalo, o 13 de setembro de 1925 comezou as probas de entrega. Foi bautizado "Bellona", pero debido ao seu pobre rendemento non cubríu as necesidades da Mariña. O contrato foi rescindido en setembro de 1926 e o avión foi devolto ao fabricante.[1]

Heinkel mellorou o seu deseño e desenvolveu a partir del o HD 16. O avión voou por primeira vez a principios de 1928, construíndose dous exemplares que operaron coa Forza Aérea de Suecia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "T 1 – Historik och Flygvapnet". Svensk Militär Flygplanshistorik (en sueco). 2023-10-02. Consultado o 2024-05-12.