Heaven Upside Down
| Heaven Upside Down | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de Marilyn Manson | ||||
| Publicado | 6 de outubro de 2017 | |||
| Estudio(s) | Abattoir Studios, Studio City, California | |||
| Duración | 47:29 | |||
| Xénero(s) | metal industrial, punk rock, glam rock, rock gótico | |||
| Selo(s) | Loma Vista, Caroline | |||
| Produtor | Tyler Bates | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
Heaven Upside Down é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de metal industrial Marilyn Manson, publicado o 6 de outubro de 2017 a través dos selos Loma Vista Recordings e Caroline International. O disco tiña o título de traballo Say10 e inicialmente ía ser editado o día de San Valentín. Porén, o lanzamento adiouse debido a que Manson non estaba contento coa calidade do disco nesas datas, a banda tiña concertos comprometidos, e o produtor Tyler Bates tiña programados traballos con varias bandas sonoras. Posteriormente adiouse aínda máis debido á morte do pai de Manson, Hugh Warner, que morreu durante a produción do traballo e ao que a banda dedicou o álbum.
O disco conta con moitos dos músicos que participaron no anterior álbum da banda, The Pale Emperor, como Bates e Gil Sharone. Twiggy Ramírez, baixista da banda durante moitos anos, non participou nas sesións de gravación a pesar de que inicialmente Manson suxeríu que podería facelo. Twiggy deixou o grupo despois do lanzamento do álbum despois de que unha antiga moza o acusase de violación. Foi substituído nos seguintes concertos polo antigo baixista de The Mars Volta Juan Alderete.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Marilyn Manson, toda a música composta por Tyler Bates.
| N.º | Título | Duración | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "Revelation #12" | 4:42 | |||||||
| 2. | "Tattooed in Reverse" | 4:24 | |||||||
| 3. | "We Know Where You Fucking Live" | 4:32 | |||||||
| 4. | "Say10" | 4:18 | |||||||
| 5. | "Kill4Me" | 3:59 | |||||||
| 6. | "Saturnalia" | 7:59 | |||||||
| 7. | "Jesus Crisis" | 3:59 | |||||||
| 8. | "Blood Honey" | 4:10 | |||||||
| 9. | "Heaven Upside Down" | 4:49 | |||||||
| 10. | "Threats of Romance" | 4:37 | |||||||
| 47:29 | |||||||||
| Heaven Upside Down | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 11. | "Kill4Me" (Mystery Skulls Remix) | 3:39 | |||||||
| 51:08 | |||||||||