Hapoel Gilboa Galil
Hapoel Gilboa Galil | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga Lemuit |
Fundación | 2008 |
Historia | Hapoel Galil-Elyon (1978-2008) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Haim Ohayon |
Adestrador | Ariel Bet-Halachmi |
Localización | |
Cidade | Gan Ner, Israel |
Pavillón | Gan Ner Sports Hall |
Capacidade | 2.057 |
Inauguración | 2008 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2010) |
Liga BIBL | 2 (2012, 2013) |
gilboa-galil.co.il |
O Hapoel Gilboa Galil (en hebreo: הפועל גלבוע גליל) é un equipo profesional de baloncesto israelí con sede na cidade de Gan Ner. O club xoga na Liga Lemuit, a segunda división israelí. O equipo xoga os seus partidos como local no pavillón Gan Ner con capacidade para 2500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 2008 pola fusión do Hapoel Gilboa (que previamente se fusionara co Hapoel Afula, os cales recuperaron a súa independencia) e o Hapoel Galil Elyon. O club continuou coa praza do Hapoel Galil Elyon na Ligat ha'Al, a primeira división de baloncesto israelí. O acordo de fusión foi nun principio para xogar o 70% dos partidos na cidade de Gan Ner e o outro 30% do Hapoel Galil Elyon en Kfar Blum, aínda que na práctica a gran maioría dos encontro xóganse en Gan Ner.
En maio de 2010, o Hapoel Gilboa Galil gañou o campionato despois de derrotar aos campións defensores do título, e grandes dominadores do baloncesto de Israel, o Maccabi Tel Aviv, cun marcador de 90-77 na final dos playoffs.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Ligat ha'Al: 1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en hebreo)