Jari Litmanen
Jari Litmanen | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Jari Olavi Litmanen | ||
Nacemento | 20 de febreiro de 1971 | ||
Lugar de nacemento | Lahti | ||
Altura | 1'82 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1977–1987 | Reipas | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1987–1990 | Reipas | 86 | (28) |
1991 | HJK | 27 | (16) |
1992 | MyPa | 18 | (7) |
1992–1999 | Ajax | 159 | (91) |
1999–2001 | Barcelona | 21 | (3) |
2001–2002 | Liverpool | 26 | (5) |
2002–2004 | Ajax | 20 | (5) |
2004 | Lahti | 11 | (3) |
2005 | Hansa Rostock | 13 | (1) |
2005–2007 | Malmö FF | 10 | (3) |
2008 | Fulham | 0 | (0) |
2008–2010 | Lahti | 40 | (10) |
2011 | HJK | 18 | (1) |
Total | 449 | (173) | |
Selección nacional | |||
1989–2010 | Finlandia | 137 | (32) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jari Olavi Litmanen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Lahti, é un ex-futbolista finlandés, considerado o mellor futbolista finlandés de todos os tempos.[1] A AFS listouno como o 53º mellor futbolista de todos os tempos[2] e foi o capitán da selección finlandesa entre 1996 e 2008.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Litmanen debutou con dezaseis anos en 1987 co Reipas na entón na máxima división (Mestaruussarja). En 1991 fichou polo principal club finlandés, o HJK, o primeiro equipo de Finlandia. Un ano máis tarde comprometeuse co MyPa, co que gañou a Copa Finlandia en xullo de 1992 ao vencer 2–0 ao FF Jaro na final que se disputou no Estadio Olímpico de Helsinqui, a súa actuación nese partido foi decisiva para que o comprase o Ajax.
Ajax[editar | editar a fonte]
Malia outros clubs amosaren interese por contratalo, como o Barcelona, Leeds United ou o PSV Eindhoven, Litmanen fichou co Ajax. Na primeira tempada co equipo xogou pouco co primeiro equipo, permanecendo na reserva, ata que unha lesión de Dennis Bergkamp fixo que o adestrador Louis van Gaal lle dese unha oportunidade, que foi un éxito e van Gaal anunciou que sería o sucesor de Bergkamp tras saber que este ía marchar ao Inter de Milán. Levou, xa que logo, o 10 na camisola e logrou 26 goles na tempada 1993–94, converténdose no máximo goleador da liga. En 1993 votárono como o futbolista do ano.
Litmanen foi un dos xogadores estrela de equipo co que van Gaal gañou tres campionatos holandeses consecutivos e chegou ao final da Liga de Campións da UEFA dúas veces. Desde o inicio da tempada 1994–95 ata mediados da de 1995–96, o Ajax non perdeu encontro ningún tanto na Eredivisie (52 partidos) como na Liga de Campións da UEFA (19 partidos). Ao gañar o Ajax ao Milán na final de 1994–95, Litmanen converteuse no primeiro xogador finlandés en gañar a Copa Europea ou a Liga de Campións da UEFA. Na tempada 1995–96 foi o principal anotador da Liga de Campións con nove goles. En 1995 gañou a Copa Intercontinental contra o Grêmio e quedou segundo na votación do Balón de Ouro.
Litmanen pasou sete anos en Ámsterdam, nos que gañou catro campionatos holandeses e tres Copas dos Países Baixos, conseguindo un total de 129 goles, deles 91 na liga. É o principal anotador dun club na competición europea con 26 puntos en 54 partidos. Nas últimas tempadas non puido xogar moitos dos partidos por lesións, en total nas seis tempadas faltou a 57 partidos dos 204 da liga, e nas últimas tres perdeu 7 dos 24 partidos europeos.
Barcelona[editar | editar a fonte]
Litmanen xuntouse a van Gaal no Barcelona, foi un dos moitos xogadores do Ajax que recrutou o entón adestrador do Barcelona porén a súa estada en Barcelona estivo marcada polas lesións[3] e foi un dos xogadores que van Gaal retirou do primeiro equipo nese inverno,[4] así e todo continuou no club ata xaneiro de 2001 cando marchou ao Liverpool en transferencia libre.
Liverpool[editar | editar a fonte]
Litmanen iniciou ben o campionato co Liverpool mais rompeu o pulso nun partido de Finlandia contra Inglaterra en Anfield en marzo de 2001 e perdeu o resto da tempada. A pesar de ser parte do equipo que gañou a "tripla copa": Copa Worthington, FA Cup e Copa da UEFA en 2001, non puido xogar ningunha das tres finais por lesións. Na tempada seguinte xogou pouco, así e todo puntou contra o Tottenham Hotspur, Arsenal, Aston Villa e Fulham na Premier League e contra o Dynamo Kyiv, Roma e Bayer Leverkusen na Liga de Campións.[5] En total marcou 9 goles en 43 partidos oficiais durante o tempo que pasou co Liverpool.
Volta ao Ajax[editar | editar a fonte]
Litmanen volveu ao Ajax e foi un dos xogadores que fixo posible chegar a cuartos de final na Liga de Campións de 2001-2003 pero a tempada seguinte pasouna en boa parte en branco polas lesións e na primavera de 2004 o club liberouno do seu contrato.
FC Lahti e Hansa Rostock[editar | editar a fonte]
Litmanen volveu a Finlandia para xogar co Lahti mais en xaneiro de 2005 pasou á Bundesliga xogando co Hansa Rostock, no entanto foi incapaz de evitar que o club perdese a categoría.
Malmö FF[editar | editar a fonte]
Litmanen pasou ao club sueco Malmö FF en xullo de 2005 como reforzo para chegar á Liga de Campións pero non puido ser, e Litmanen pasou case todo o outono lesionado, xogando só uns poucos partidos.[6]
Fulham[editar | editar a fonte]
Fichou co Fulham o 31 de xaneiro de 2008 canda o seu compatriota Toni Kallio,[7] secasí poucas semanas despois volveu a Finlandia por problemas cardíacos,[8] e non debutou co equipo ata o 31 de marzo de 2008 nun encontro de reservas co Tottenham, mais o equipo liberouno en maio sen xogar un só encontro co primeiro equipo.[9]
Volta ao Lahti[editar | editar a fonte]
O 8 de agosto de 2008 anunciouse que Litmanen volvería ao seu antigo club, o Lahti da primeira división finlandesa polo resto da tempada 2008. Xogou un papel importante para que o Lahti rematase terceiro na liga e se cualificase para Europa por primeira volta na súa historia.
De novo o HJK[editar | editar a fonte]
O 20 de abril d 2011, Litmanen asinou un contrato por un ano co campión finlandés, o HJK, con 40 anos, converténdose nun dos poucos xogadores profesionais que xorgaron en catro décadas diferentes (1980s – 2010s). Normalmente xogaba como substituto entre 10 e 30 minutos por encontro. O 29 de outubro de 2011, Litmanen celebrou o seu partido 200 de liga e foi o último partido que xogou como profesional.
Carreira internacional[editar | editar a fonte]
Litmanen fixo o seu debut internacional o 22 de outubro de 1989 contra Trinidad e Tobago, e marcou o seu primeiro gol o 16 de maio de 1991 contra Malta. Litmanen serviu como capitán de Finlandia de 1996 a 2008. O 17 de novembro de 2010, Litmanen converteuse no xogador de máis idade en marcar con Finlandia.
Goles internacionais[editar | editar a fonte]
Gañador Empate Perdedor
Nº. | Data | Equipo de casa | Equipo visitante | Goles | Puntación | Resultado | Estadio | Competición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | 16 de maio de 1991 | ![]() |
![]() |
![]() |
2–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 1992 |
2. | 25 de marzo de 1992 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–1 | Empata | Hampden Park, Glasgow | Amigable |
3. | 13 de outubro de 1993 | ![]() |
![]() |
![]() |
3–2 | Perde | Råsunda Stadium, Estocolmo | Clasificación para o Mundial de 1994 |
4. | 16 de novembro de 1994 | ![]() |
![]() |
![]() |
5–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 1996 |
5. | ||||||||
6. | 29 de marzo de 1995 | ![]() |
![]() |
![]() |
0–2 | Gaña | Stadio Olimpico, Serravalle | Clasificación para a Eurocopa de 1996 |
7. | 11 de xuño de 1995 | ![]() |
![]() |
![]() |
2–1 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 1996 |
8. | 2 de xuño de 1996 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–2 | Perde | Estadio Olímpico de Helsinqui | Amigable |
9. | 2 de febreiro de 1997 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–1 | Perde | Estadio Atatürk, Denizli | Amigable |
10. | 2 de abril de 1997 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–2 | Gaña | Tofik Bakhramov Stadium, Baku | Clasificación para o Mundial de 1998 |
11. | 8 de xuño de 1997 | ![]() |
![]() |
![]() |
3–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para o Mundial de 1998 |
12. | 6 de setembro de 1997 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–2 | Gaña | Stade Olympique de la Pontaise, Lausanne | Clasificación para o Mundial de 1998 |
13. | 14 de outubro de 1998 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–3 | Gaña | Estadio Ali Sami Yen, Istambul | Clasificación para a Eurocopa de 2000 |
14. | 29 de marzo de 2000 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–2 | Gaña | Millennium Stadium, Cardiff | Amigable |
15. | 16 de agosto de 2000 | ![]() |
![]() |
![]() |
3–1 | Gaña | Estadio Finnair, Helsinqui | 2000–01 Nordic Football Championship |
16. | ||||||||
17. | 2 de setembro de 2000 | ![]() |
![]() |
![]() |
2–1 | Gaña | Estadio Finnair, Helsinqui | Clasificación para o Mundial de 2002 |
18. | 15 de agosto de 2001 | ![]() |
![]() |
![]() |
4–1 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Amigable |
19. | 5 de setembro de 2001 | ![]() |
![]() |
![]() |
5–1 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para o Mundial de 2002 |
20. | 27 de marzo de 2002 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–4 | Gaña | Estádio do Bessa, Porto | Amigable |
21. | ||||||||
22. | 30 de abril de 2003 | ![]() |
![]() |
![]() |
3–0 | Gaña | Myyrmäen jalkapallostadion, Vantaa | Amigable |
23. | 31 de abril de 2004 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–2 | Gaña | Estadio Nacional Ta' Qali, A Valeta | Amigable |
24. | 28 de maio de 2004 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–3 | Perde | Estadio Ratina, Tampere | Amigable |
25. | 26 de marzo de 2005 | ![]() |
![]() |
![]() |
4–3 | Perde | Na Stínadlech, Teplice | Clasificación para o Mundial de 2006 |
26. | 2 de setembro de 2006 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–3 | Gaña | Estadio Zdzisław Krzyszkowiak, Bydgoszcz | Clasificación para a Eurocopa de 2008 |
27. | ||||||||
28. | 11 de outubro de 2006 | ![]() |
![]() |
![]() |
0–2 | Gaña | Estadio Central de Almati, Almati | Clasificación para a Eurocopa de 2008 |
29. | 6 de febreiro de 2008 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–2 | Perde | Estadio GSP, Nicosia | Amigable |
30. | 26 de marzo de 2008 | ![]() |
![]() |
![]() |
2–1 | Perde | Estadio Nacional Vasil Levski, Sofía | Amigable |
31. | 9 de setembro de 2009 | ![]() |
![]() |
![]() |
1–1 | Empate | Rheinpark Stadion, Vaduz | Clasificación para o Mundial de 2010 |
32. | 17 de novembro de 2010 | ![]() |
![]() |
![]() |
8–0 | Gaña | Estadio Olímpico de Helsinqui | Clasificación para a Eurocopa de 2012 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Litmanen heads home" BBC News, 25 de maio de 2004
- ↑ "Your Verdict: 100 greatest ever footballers" Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine. ESPN, 7 de novembro de 2007
- ↑ "Surprise, surprise... Catalans in the Barajax side The Guardian 2 de abril de 2000
- ↑ "Van Gaal: My football philosophy" Arquivado 29 de maio de 2010 en Wayback Machine., fifa.com, 7 de xaneiro de 2008
- ↑ "Fixtures & Results 2001–2002", myliverpoolfc.org
- ↑ "Fotboll: Skadad Litmanen lämnar Malmö". Sverigesradio. 2 de agosto de 2007.
- ↑ "Litmanen joins Fulham", fulhamfc.com, 31 de xaneiro de 2008
- ↑ "Litmanen back training", fulhamfc.com, 23 de febreiro de 2008.
- ↑ "Bocanegra heads Fulham clear-out", BBC News, 23 de maio de 2008
- Nados en 1971
- Nados en Lahti
- Futbolistas de Finlandia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Liverpool FC
- Xogadores do FC Hansa Rostock
- Xogadores do Malmö FF
- Xogadores do Fulham FC
- Xogadores da selección de fútbol de Finlandia
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA