Hanhana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hanhana foi unha das principais cidades hititas do nordeste entre as situadas na zona próxima aos territorios kaskas, que se librou do dominio destes. Foi unha das bases hititas do reino de Hakpis na súa creación sobre o -1300 por Muwatallis II para o seu irmán Hattusilis.

Segundo Matthews & Glatz[1] corresponderíase co outeiro de Maltepe, 15 km ao sur de Çankırı, na provincia homónima.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matthews, Roger; Glatz, Claudia (2009). "The historical geography of north-central Anatolia in the Hittite period: texts and archaeology in concert". Anatolian Studies (59): 51–72.  p, 69