Saltar ao contido

Hangul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hangeul»)
Han-gul

O han-geul (tamén hangul ou han'gŭl, e previamente han-kul; 한글) é o alfabeto nativo coreano (en contraste cos hanja (漢字), ou caracteres chineses).[1] Cada bloque silábico hangul consta dalgunhas das 24 letras (jamo): 14 consoantes e 10 vogais. Historicamente, tiña 3 consoantes e unha vogal máis.

Estes bloques silábicos poden ser escritos tanto horizontalmente de esquerda a dereita como verticalmente de riba a baixo, as columnas de dereita a esquerda.

Aínda que esta escrita lles poida parecer ideográfica a algúns occidentais, realmente é fonética.

O rei Sejong o Grande creou un novo alfabeto, denominado Hankul ou Hangul.

Debido á facilidade coa que se aprendía este alfabeto, algúns letrados contemporáneos a Sejong denominárono amkul que significa Letra de mulleres.

Estrutura da escritura en Hangul

[editar | editar a fonte]

As palabras do Hangul están compostas por bloques silábicos, e estes á súa vez en tres partes: un son inicial, un son medio e polo xeral un son final.

Debemos debuxar un cadro imaxinario onde vamos a formar a sílaba e situar a primeira vogal ou consoante na parte superior esquerda deste. Se a vogal que lle segue á primeira letra é horizontal, sitúase baixo desta; se é vertical, á dereita. O son final (ou última letra da sílaba) debe ir baixo, sempre e cando sexa consoante.

Por Exemplo: Amor en coreano dise: Sa-rang = 사랑

O primeiro que debemos facer é identificar as sílabas. Despois, situamos a primeira letra da primeira sílaba (ㅅ) na parte superior esquerda. Logo situamos a vogal (ㅏ). Como esta é vertical, colocámola á dereita da primeira consoante; a nosa sílaba quedaría así: 사 (sa).

O paso a seguir é construír a segunda sílaba. Situamos a primeira letra (ㄹ) na parte superior esquerda do cadro imaxinario. Entón procedemos a colocar a vogal (ㅏ) á dereita da primeira letra. E situamos a última consoante (ㅇ) baixo (recordemos que nunha sílaba a última letra, se é consoante, sitúase baixo). A sílaba quedaría así: 랑.

Unimos as sílabas, e a nosa palabra está lista: 사 (sa)+랑 (rang) = 사랑 (sa-rang).

Outro exemplo:

En Corea, ao oso asignáronlle o seguinte carácter: 곰 (Kom)

Para formar esta sílaba, sitúase a consoante ㄱ (k) na parte superior esquerda, despois sitúase a vogal ㅗ (ou) baixo da consoante, xa que esta última é unha vogal horizontal. E por último colócase a consoante ㅁ (m) na parte inferior.

ㄱ (k) +ㅗ (ou) + ㅁ (m) = 곰 (kom).

Desta maneira pódense escribir todas as palabras coreanas e non coreanas.

Nomes oficiais

[editar | editar a fonte]

O nome moderno Hangeul é un termo acuñado por Xu Sigyeong en 1912, que significa “gran escritura” en coreano arcaico e “escritura coreana” no moderno. Non pode ser escrito en hanja, aínda que a sílaba Han pódese escribir 韓 co significado de “Coreano”. Pronúnciase /hanɡɯl/ (IPA), e pode ser romanizado dos seguintes xeitos:

  • Han-geul na Romanización Revisada da lingua coreana. O goberno surcoreano usa este sistema en todas as súas publicacións oficiais en inglés e fomenta o seu uso. Moitas publicacións recentes adoptaron este sistema.
  • Han’gŭl en McCune-Reischauer.
  • Hankul na Romanización Yale.

O seu nome orixinal foi 훈민정음 (Hunmin Jeong-um) Os norcoreanos prefiren chamalo Chosŏn'gŭl (조선글) debido aos diferentes nomes de Corea.

Nomes coloquiais

[editar | editar a fonte]
  • Jeongeum, abreviación do oficial Hunmin Jeongeum.
  • Urigeul (우리글 "a nosa escritura") é usada en ambas as repúblicas coreanas, mais non por non coreanos.

O Han-geul foi ocasionalmente denigrado por aqueles que preferiron o tradicional Hanja (漢字) ata principios do século XX:

  • Eonmun (언문 諺文 "escritura vernácula").
  • Amgeul (암글 "escritura feminina"): 암 é un prefixo que indica feminidade. A muller foi considerada inferior ao home na Corea tradicional.
  • Ahaegeul (아해글 "escritura de nenos")

Jamo (자모; 字母) son as letras que conforman o alfabeto han-geul. O nome “jamo” provén de ja-eum (“vogal”; 자음; 母音; literalmente, son nai) e mo-eum (“consoante”; 모음; 子音 ou son fillo, literalmente).

Son 51 e componse de:

  • 21 vogais.
    • 10 vogais simples (om).
    • 11 ditongos.
  • 30 consoantes.
    • 14 consoantes simples.
    • 5 consoantes dobres.
    • 11 consoantes complexas.
k, g n t, d l, r m p, b s
**(mudo)/ng ch, j ch k t p h
a ya eo yeo ou eu ou yu eu
ae yae e ye leo
Hangul Jamo 한글 자모
Letras simples
Consoantes Vogais
Jamo Nome Romanización Pron. API Jamo Nome Rom. Pron. API
기역 (giyeok) g / k gu / k [k-]/[-k̚] (a) a a [-a-]
니은 (nieun) n n [n-]/[-n] (ya) ya ya [-ja-]
디귿 (digeut) d / t d / t [d-]/[-t̚] (eo) eo o (o aberto) [-ʌ-]
리을 (rieul) r diante de vogal, l diante de consoante ou final de palabra. r/l [ɾ-]/[-ʎ] (yeo) yeo yo (o aberto) [-jʌ-]
미음 (mieum) m m [m-]/[-m] (o) o ô [-o-]
비읍 (bieup) b / p b/p [b-]/[-p̚] (yo) yo [-jo-]
시읏 (siut) s / t s/t [s-]/[-t̚] (u) u ou [-u-]
이응 (ieung) ng ng [-ŋ] (yu) yu you [-ju-]
지읒 (jieut) j / t dj/t [tɕ-]/[-t̚] (eu) eu eu [-ɯ-]
치읓 (chieut) ch / t tch/t [tɕʰ-]/[-t̚] (i) i i [-i-]
키읔 (kieuk) k kh [kʰ-]/[-k̚]
티읕 (tieut) t th [tʰ-]/[-t̚]
피읖 (pieup) p ph [pʰ-]/[-p̚]
히읗 (hieut) h / t h / t [x-]/[-t̚]
Letras compostas
Consoantes dobres Vogais compostas
Jamo Nome Romanización Pron. API Jamo Nome Rom. Pron. API
쌍기역 (ssanggiyeok) kk k appuyé [kʼ-]/[-k̚] (ae) ae è [-ɛ-]
쌍디귿 (ssangdigeut) tt t appuyé [tʼ-]/[-t̚] (yae) yae [-jɛ-]
쌍비읍 (ssangbieup) pp p appuyé [pʼ-]/[-p̚] (e) e é [-e-]
쌍시옷 (ssangsiot) ss s appuyé [sʼ-]/[-t̚] (ye) ye [-je-]
쌍지읒 (ssangjieut) jj tch appuyé [tɕʼ-]/[-t̚] (wa) wa wa [-wa-]
Grupos consonánticos (wae) wae [-wɛ-]
Jamo Nome Romanización Pron. API (oe) oe wi [-wi-]
기역 시옷 (giyeok siot) ks x [-k̚]/[-ks-] (weo) weo wo (o aberto) [-wʌ-]
니은 지읒 (nieun jieut) nj ndj [-n]/[-ntɕ-] (we) we [-we-]
니은 히읗 (nieun hieut) nh nh [-n]/[-nx-] (wi) wi wi [-wi-]
리을 기억 (rieul giyeok) lg lg [-ʎ]/[-ʎg-] (ui) eui euil [-ɰi-]
리을 미음 (rieul mieum) lm lm [-ʎ]/[-ʎm-]
리을 비읍 (rieul bieup) lb lb [-ʎ]/[-ʎb-]
리을 시옷 (rieul siot) ls ls [-ʎ]/[-ʎs-]
리을 티읕 (rieul tieut) lt lt [-ʎ]/[-ʎtʰ-]
리을 피읖 (rieul pieup) lp lph [-ʎ]/[-ʎpʰ-]
리을 히읗 (rieul hieut) lh lh [-ʎ]/[-ʎx-]
비읍 시옷 (bieup siot) bs ps [-p̚]/[-ps-]

Cada consoante en han-geul corresponde a un só fonema na lingua coreana. Porén, estas poden variar de pronunciación a ouvidos estranxeiros. A primeira consoante indica a pronunciación que se escoita ao comezo da palabra, e a segunda, cando non sexa así.

Por exemplo, no caso da palabra 비비다, que significa esfregar, escóitase como pibida. Recorde que os coreanos recoñecen un só fonema ㅂ(bieup) nas dúas sílabas, e non lles son distintas, como adoitamos pensar. De forma análoga, en galego pode pórse un exemplo con palabras como "dedo". O primeiro D corresponde a unha consoante dental oclusiva sonora, e o segundo D a unha dental fricativa sonora. Para un galegofalante, a letra D ten sempre a mesma pronuncia aínda que a fagamos de diferente forma sen sequera darnos conta diso.

  • A letra ㅇ(ieung) é un caso particular. Esta letra representa unha consoante muda ao comezo dunha palabra, mais tamén o fonema 'ng' cando se usa como batchim. A razón é simple: A letra que orixinalmente representaba o fonema 'ng', chamado yet-ieung, chegou a se fundir nun só co ieung co pasar do tempo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]