Hanan Pacha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Na mitoloxía inca a Hanan Pacha ou Hanaq Pacha era definida coma o mundo de arriba, onde se atopaban todas as deidades, o mundo celestial onde estaban Viracocha, Inti, Mama Killa, Pachacamac, Mama Cocha e Illapa. O mundo aparecía composto por tres planos, Hanan Pacha (o mundo de arriba), Kay Pacha (o mundo de aquí) e Uku Pacha ou o mundo dos mortos e tamén de aquilo que se atopaba baixo a superficie terrestre.

En lingua quechua, pacha significa á vez tempo e espazo.

A representación animal do Hanan Pacha era un cóndor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]