Mama Killa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Na mitoloxía inca, Mama Quilla (Mama Killa en quechua) era a irmá e a muller do deus Inti. Esta deusa, representada pola Lúa, acompañaba a Inti en igualdade de rango na corte celestial.

A lúa era representada coa forma ritual dun disco de prata, e así aparecían os raios coma outro dos seus atributos de poder.

Era a nai do firmamento, dela se tiña unha estatua no Templo do Sol, no que unha Orde de Sacerdotisas rendíalle culto.

Naturalmente, á deusa Mama Quilla estaba adscrito el fervor relixioso das mulleres, e elas eran quen formaban o núcleo dos seus fieis seguidores, xa que ninguén mellor que a deusa Mama Quilla podía comprender os seus desexos e temores, e darlles o amparo buscado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]