Hammarö
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Värmland | ||||
| Capital | Skoghall (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 16.968 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 464,15 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | hammaro.se | ||||
Hammarö é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] O concello atópase principalmente na illa de Hammarön e limita ao norte co municipio de Karlstad. A súa capital é a localidade de Skoghall. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 16 992 habitantes.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está formado pola illa de Hammarön, a de Vidön e as pequenas illas próximas no norte do lago Vänern, e trátase do concello de menor superficie terrestre do condado de Värmland. Atópase xusto ao sur da cidade de Karlstad e está formado principalmente por un arquipélago pintoresco, incluíndo o extremo sur de Hammarö co faro de Skage, e Grytudden con Sankt Olofsgrytan, onde comezaba unha ruta de peregrinación (que remataba en Trondheim). Hai varias reservas naturais (como Söön) e moitos lugares para bañarse. Unha ruta de aves migratorias pasa pola illa e hai unha estación de anelamento no extremo sur de Hammarö.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-28.
