Saltar ao contido

Halo 4: Forward Unto Dawn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Halo 4: Forward Unto Dawn
Imaxe
 Título
Halo 4: Forward Unto Dawn Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
Temática
 Universo ficticio
 Personaxes
Publicación
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Formato de distribución
 Parte da serie
Datas
 Data de comezo
5 de outubro de 2012 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
2 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
25 de outubro de 2013 (Hungría)
2012 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Dimensión
Número de episodios5 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
Identificadores
Freebase/m/0n540gy Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt2262308 Allocine: 220695 Netlix: 70259680 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Halo 4: Forward Unto Dawn é unha serie web de ciencia ficción ambientada no universo de Halo. Forward Unto Dawn consiste en 5 episodios de 15 minutos de duración estreados semanalmente dende o 5 de outubro de 2012, que foi máis tarde estreado como un único filme en DVD e Blu-ray. A serie produciuse como promoción do videoxogo Halo 4, nun intento de incrementar os usuarios da saga Halo e como un primeiro paso cara a un potencial filme de Halo. Foi escrito por Aaron Helbing e Todd Helbing, e dirixido por Stewart Hendler. Forward Unto Dawn foi rodado en Vancouver durante 25 días do mes de maio de 2012, e contou cun orzamento de $10 millóns.

O prototipo de "Warthog" creado por Weta Workshop.

A acción de Halo 4: Forward Unto Dawn ten lugar 20 anos antes dos feitos narrados en Halo 4. A historia está protagonizada por un pelotón de mozos soldados da United Nation Space Command (UNSC). A historia segue ó cadete Thomas Lasky, nunha academia militar do século XXVI que é atacada polo Covenant, unha alianza relixiosa de alieníxenas. Lasky non está seguro do seu futuro como militar pero sente a presión de seguir os pasos da súa nai e irmán máis vello. Lasky e os seus compañeiros de academia son rescatados por Master Chief e, despois da morte da súa moza Chyler Silva, Lasky é inspirado polo Chief a tomar a iniciativa e axudalo a salvar ós outros superviventes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]