Hahhu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hakhkhu»)

Hahhu ou Hakhkhu foi unha cidade-estado do norte de Siria que foi atacada polo rei hitita Hattusilis I sobre a metade do século –XVII dentro da campaña do quinto ano de reinado en Siria. O rei hitita conquistouna despois de tres combates nos arredores da cidade e despois entregou o botín á deusa solar de Arinna.