Hadja Saran Daraba Kaba
Hadja Saran Daraba Kaba | |
---|---|
Nacemento | 1945 e 1946 |
Lugar de nacemento | Coyah |
Nacionalidade | Guinea |
Alma máter | Universidade de Halle-Wittenberg, Herder Institute e University of Conakry |
Ocupación | política e educadora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hadja Saran Daraba Kaba, nada en 1945, é unha activista Guineana, a primeira Secretaria Xeral da Unión do Río Mano e candidata á presidencia en 2010 nas eleccións xerais de Guinea.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hadja Saran Daraba Kaba naceu en 1945 cara ao final da Segunda guerra mundial en Coyah, Guinea, nunha familia pouco acomodada. O seu pai era un soldado e activista baixo o réxime do Presidente Ahmed Sékou Touré. Forxou as súas armas políticas a unha idade temperá. Formouse como farmacéutica en Leipzig e Halle en Alemaña entre 1966 e 1979. En 1970, regresou a Guinea onde impartiu clase na Facultade de Medicina e Farmacia Hadja Mafory Bangoura e logo uniuse a Pharmaguinée onde ascendeu para converterse en Directora Nacional Adxunta de Exportacións no Ministerio de Comercio Exterior. En 1996 converteuse en Ministra de Asuntos Sociais e Promoción da Muller e a Infancia.[2]
Elección presidencial[editar | editar a fonte]
En 2010, durante as eleccións presidenciais en Guinea, foi a única muller entre os 24 candidatos participantes, antes de unirse a Alfa Condé na segunda volta.[3]
Mano River Unión[editar | editar a fonte]
Entre setembro de 2011 e 2017, foi secretaria xeral da Unión do Río Mano e fundadora da rede de mulleres da Unión pola Paz do Río Mano (REFMAP), unha das estruturas máis importantes da sociedade civil de África Occidental que contribuíu en gran medida á resolución de varios conflitos na subrexión e á emancipación das mulleres africanas e recibiu o Premio de Dereitos Humanos da ONU en 2003.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ simodbt (2017-06-29). "Portrait. Hadja Saran Daraba Kaba, une dame de fer au parcours impressionnant (Par Ibrahima Diallo)" (en francés). Consultado o 2020-04-03.
- ↑ Admin. "Portrait de Hadja Saran Daraba Kaba: Une dame de fer au parcours impressionnant.". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2020. Consultado o 2020-04-03.
- ↑ Admin. "Présidentielle en Guinée: la Cour suprême rend publique la liste des candidats". Consultado o 2020-04-03.
- ↑ guineelive.com (2017-06-19). "Mano River : Hadja Saran Daraba présente son bilan à la tête de l’organisation" (en francés). Consultado o 2020-04-03.