Castelo de Habsburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Habichtsburg»)

Coordenadas: 47°27′45″N 8°10′51″L / 47.46252, 8.18087

Vista exterior do castelo

Habichtsburg ou castelo de Habsburgo é un castelo situado na localidade suíza de Habsburg, no cantón de Argovia, preto do río Aar. Localízase a unha altitude de 505 metros sobre o nivel do mar, na crista alongada do outeiro de Wülpelsberg. Foi a sede inicial da dinastía da familia Habsburgo.

Historia[editar | editar a fonte]

O ascenso político dos Habsburgo iniciouse coa adquisición de posesións territoriais en torno a este castelo, para chegar a ser a casa real máis importante de Europa a partir de fins do século XV, moi pouco logo de perder a posesión deste castelo e todas as súas terras na actual Suíza. Aínda que os Habsburgo non gobernaron estas terras desde o século XV, as armas históricas dos Habsburgo -un león sobre un fondo dourado- continuaron formando parte do seu escudo ata o final do período imperial. A área ao redor deste castelo foi cuberta por bosques e só foi limpada ao redor do ano 1500.

Vista do castelo na Topographia Helvetiae, Rhaetiae et Valesiae de Matthäus Merian (1642)

O castelo foi inicialmente construído cara a 1020 ou 1030 polo conde Radbot. O seu neto, Otón II de Habsburgo, é o máis antigo membro desta familia documentado que se referiu a si mesmo como "de Habsburgo", no ano 1108. En varias etapas fóronse agregando outros edificios, transformándoo nun dobre castelo e alcanzando a súa máxima extensión a principios do século XIII, cuns 3000 m².

Tras a expulsión dos Habsburgo, a metade oriental do castelo -a parte máis antiga- quedou en ruínas e posteriormente derrubouse. A parte máis nova, considerada a parte traseira do castelo -cara ao oeste- mantívose e conservou a súa aparencia orixinal. Excepto por unhas poucas modificacións, esta parte do castelo aínda se conserva. En 1948 foi incorporado ao inventario dos bens culturais de importancia nacional de Suíza. O palacio utilízase como un restaurante desde o ano 1979, e achego sitúase un museo sobre a historia do castelo.

Nos anos 1978/83 e 1994/95 se escavaron extensas zonas de interese arqueolóxico no lugar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]