HOMO, LUMO e SOMO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "HOMO")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diagrama do HOMO e LUMO dunha molécula. Cada círculo representa un electrón nun orbital; cando se absorbe luz dunha frecuencia o bastante alta por un electrón no HOMO, salta ao LUMO.
Modelo 3D do HOMO no CO2
Modelo 3D do LUMO no CO2

En química, HOMO, LUMO e SOMO son tipos de orbitais moleculares. Estes acrónimos son as siglas en inglés de highest occupied molecular orbital ("orbital molecular ocupado máis alto" -en enerxía-), de lowest unoccupied molecular orbital ("orbital molecular desocupado máis baixo") e de singly occupied molecular orbital ("orbital molecular ocupado por un só electrón"), respectivamente.

Brecha HOMO–LUMO[editar | editar a fonte]

A diferenza de enerxía entre o HOMO e o LUMO denomínase banda prohibida ou brecha HOMO–LUMO. O HOMO e LUMO denomínanse ás veces orbitais fronteirizos na teoría dos orbitais moleuclares fronteirizos. As diferenzas de enerxía entre estes dous orbitais fronteirizos poden utilizarse para predicir a forza e estabilidade de complexos de metais de transición, así como as cores que producen en solución.[1]

Semiconductores[editar | editar a fonte]

O nivel HOMO é en semicondutores orgánicos aproximadamente o mesmo que o máximo da banda de valencia en semicondutores inorgánicos e os puntos cuánticos. Pode facerse a mesma analoxía entre o nivel LUMO e o mínimo da banda de condución.[2]

Química organometálica[editar | editar a fonte]

En química organometálica, o tamaño do lobo LUMO pode servir para predicir onde ocorrerá unha adición a ligandos pi.

SOMO[editar | editar a fonte]

Un SOMO é un tipo de orbital, como un HOMO medio cheo nunha molécula dun radical. A sigla procede do inglés singly occupied molecular orbital (orbital molecular ocupado por un só electrón).[3] Esta sigla pode significar tamén orbital molecular semiocupado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Griffith, J.S. and L.E. Orgel. "Ligand Field Theory". Q. Rev. Chem. Soc. 1957, 11, 381-383
  2. Bredas, J,-L. "Mind the gap!". Mater. Horiz. 2014,1, 17-19
  3. "SOMO". Compendium of Chemical Terminology (the "Gold Book") (2ª ed.). IUPAC.  (2006–) [1997]. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • OrbiMol - base de datos de orbitais moleculares