HMS Queen Mary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
HMS Queen Mary
QueenMary.jpg
O HMS Queen Mary
Historial Naval Ensign of the United Kingdom.svg
Estaleiro Palmers Shipbuilding and Iron Company, Jarrow
Clase Queen Mary
Tipo cruceiro de batalla
Posta en grella 6 de marzo de 1911
Botado 20 de marzo de 1912
Asignado 4 de setembro de 1913
Características xerais
Eslora 214,4 m
Manga 27,1 m
Calado 9,9 m

O HMS Queen Mary foi o derradeiro cruceiro de batalla construído pola Royal Navy antes da Primeira Guerra Mundial. Tratouse do único membro da súa clase aínda que compartía moitas características coa clase Lion, incluídos os seus oito canóns de 343 mm. Foi completado en 1913 e participou na batalla de Helgoland como parte da Grand Fleet en 1914. Ao igual que a meirande parte dos modernos cruceiros de batalla británicos, nunca deixou o mar do Norte durante a guerra. Como parte do 1º escuadrón de cruceiros de batalla, intentou interceptar a unha forza alemá que bombardeou a costa inglesa do mar do Norte en decembro de 1914, pero sen éxito. Foi reparado a comezos do 1915 e perdeuse a batalla do banco Dogger no mes de xaneiro, pero participou na maior acción da frota da guerra, a batalla de Xutlandia, a mediados de 1916. Foi golpeado dúas veces polo cruceiro de batalla alemán Derfflinger durante a primeira parte do enfrontamento e os seus polvoríns estouparon pouco despois afundindo o barco.

Os seus restos foron descubertos en 1991 e descansa en pezas, con algunhas das súas partes do revés, no fondo do mar do Norte. O Queen Mary foi designado como un lugar protexido pola Lei de protección de restos militares de 1986, xa que é a tumba de 1.266 tripulantes.