HMS Phaeton (1914)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
HMS Phaeton
HMS Phaeton (1914).jpg
1º escuadrón de cruceiros lixeiros (o Phaeton é o terceiro da esquerda)
Historial Naval Ensign of the United Kingdom.svg
Estaleiro Vickers Limited
Clase Arethusa
Tipo cruceiro lixeiro
Posta en grella 12 de marzo de 1913
Botado 21 de outubro de 1914
Asignado febreiro de 1915
Destino vendido para o desguace o 16 de xaneiro de 1923
Características xerais
Desprazamento 3.500 t
Eslora 133 m
Manga 12 m
Calado 4,1 m

O HMS Phaeton foi un cruceiro lixeiro da clase Arethusa que operou coa Royal Navy. Foi botado o día 21 de outubro de 1914 nos estaleiros Vickers Limited.

Foi asignado ao 4º escuadrón de cruceiros lixeiros da Grand Fleet, e entre febreiro e marzo de 1915 operou nos Dardanelos apoiando os desembarcos aliados en Gallipoli. Ao regreso do Phaeton a augas británicas foi asignado ao 1º escuadrón de cruceiros lixeiros da Grand Fleet, e a mediados de abril de 1915 estaba operando ás aforas de Scapa Flow. O 4 de maio de 1916 participou no derrubamento do cepelín L 7. Do 31 de maio ao 1 de xuño dese ano combateu na batalla de Xutlandia. Sobrevivíu á batalla e en marzo de 1918 foi reasignado ao 7º escuadrón de cruceiros lixeiros da Grand Fleet. Foi vendido para o despezamento o 16 de xaneiro de 1923.