Highly Eccentric Orbiting Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «HEOS 1»)
Lanzamento de HEOS 1.

Highly Eccentric Orbiting Satellite 1 e 2, ou abreviadamente HEOS 1 e 2 foron dous satélites artificiais da axencia europea ESRO lanzadas o 5 de decembro de 1968 e o 31 de xaneiro de 1972 mediante un foguete Delta E1 e un foguete Delta L respectivamente.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A misión dos dous satélites era estudar os campos magnéticos interplanetarios, os raios cósmicos, o vento solar e a magnetosfera terrestre. Cada satélite tiña algúns obxectivos propios. Os dous tiñan forma de cilindro, unha masa de pouco máis de 100 kg e estabilizábanse mediante xiro.[2][1]

HEOS 1 foi inxectado nunha órbita de 6804 km de perixeo e 227.099 km de apoxeo. Funcionou sen problemas durante 16 meses ata que un problema no equipamento de a bordo dificultou o seu control de actitude. En 1974 a súa telemetría reducírase ao 50% do tempo potencial durante o que podería funcionar o satélite e só funcionaba o experimento de medicións de campos magnéticos. Reentrou na atmosfera terrestre o 28 de outubro de 1975.[2][1]

HEOS 2 tiña unha órbita inicial de 397 km de perixeo e 245.098 km de apoxeo. Funcionou ben ata a súa reentrada atmosférica, o 5 de agosto de 1974.[2][1]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

HEOS 1 e 2 levaban un conxunto lixeiramente distinto de instrumentos a bordo:[2][1]

HEOS 1[editar | editar a fonte]

  • Medidores de campos eléctricos e magnéticos.
  • Un magnetómetro de porta de fluxo.
  • Detector de protóns en raios cósmicos con enerxías superiores a 350 MeV.
  • Un analizador hemisférico electrostático.
  • Medidor de fluxo de raios cósmicos.
  • Detector de electróns en raios cósmicos.
  • Detector de protóns solares.

HEOS 2[editar | editar a fonte]

  • Un magnetómetro de porta de fluxo.
  • Detector de protóns e electróns para enerxías entre 20 eV e 50 keV.
  • Observación solar en VLF.
  • Detector de electróns de alta enerxía.
  • Detector de micrometeoroides.
  • Telescopio contador de partículas.
  • Medidor de vento solar para enerxías entre 230 eV e 16 keV.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "HEOS" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HEOS 1, 2" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]