HC Karlovy Vary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HC Energie Karlovy Vary
HC Energie players 2007.jpg
Fundado en 1932
Sede Karlovy Vary COA.svg Karlovy Vary,
Flag of Karlovy Vary Region.svg Karlovy Vary
República Checa República Checa
Cancha KV Arena
(6.000 espectadores)
Cores Verde, amarelo, negro e branco
                       
Liga Extraliga Checa
Campionatos 1
Adestrador República Checa Richard Žemlička
Sitio Web www.hokejkv.cz

O HC Energie Karlovy Vary é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Karlovy Vary, República Checa. O club foi fundado en 1932 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2008-09). Xoga os seus partidos como local no KV Arena, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1932 baixo o nome de SK Slavia Karlovy Vary.[1] En 1951 o equipo ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo de Checoslovaquia, Mistrovství republiky[2].

En 1955, o club adoptou a denominación de Dynamo Karlovy Vary e descendeu á segunda categoría checoslovaca, a 2.liga[3]. Non foi ata a tempada 1997-98 cando o equipo retornou á máxima categoría, ao debutar na Extraliga, o novo campionato da República Checa, tras ascender en 1993 dende a 1.liga. Posteriormente o club tomou a praza do HC Olomouc[4]. Dende aquela, o club non abandonou nunca a Extraliga.

Ata o 2009, o club xogaba os seus partidos como local no Zimní Stadion Karlovy Vary (4.680 espectadores)[5]. Posteriormente, o equipo trasladouse a un novo pavillón, o KV Arena (6.000 espectadores).

Expansión da KHL[editar | editar a fonte]

O club plantexouse crear un club independente para a expansión da KHL na Tempada 2009-10 da KHL. Este club trataría de operar como equipo nacional da República Checa na competición euroasiática, atraendo aos mellores xogadores da Extraliga, do mesmo xeito que o Dinamo Minsk e o Dinamo Riga fixeran nos seus respectivos países. Este equipo non xogou na KHL e non está claro se algún día o fará. O seu equipo júnior xoga na MHL, a liga júnior da KHL, dende a tempada 201213.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia do club en http://www.hokejkv.cz/ (en checo)
  2. Tempada 1951-52 do campionato checoslovaco en http://www.passionhockey.com/hockeyarchives/ (en francés)
  3. Tempada 1956-57 do campionato checoslovaco en http://www.passionhockey.com/hockeyarchives/ (en francés)
  4. Historia do HC Olomouc en http://www.hc-olomouc.cz/ (en checo)
  5. Información do pavillón en http://www.hokejkv.cz (en checo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]