Gumersindo Liñares Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gumersindo Liñares Iglesias
Falecemento24 de agosto de 1929
Lugar de falecementoOrdes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosJuan Liñares Iglesias
editar datos en Wikidata ]

Gumersindo Liñares Iglesias, finado en Ordes o 24 de agosto de 1929[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Liñares Carmuega e Carmen Iglesias Rodríguez. Apoiou a Antonio del Río, pero cando caeu pasou ao bando de Saturnino Aller Rodríguez. Foi nomeado xuíz municipal de Trazo en 1889[2]. Foi alcalde de Trazo de 1905 até a ditadura de Primo de Rivera. En 1923 negouse a entregar o bastón de mando á autoridade militar, polo que foi detido e levado á Coruña.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Trazo
 
1905 - 1923
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Iglesias Rapela, irmá da muller de Antonio Concheiro Ródriguez, e foi pai de Juan Liñares Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-8-1929, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 14-7-1889, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]