Gulag
O Gulag ou GULAG (en ruso Главное управление исправительно-трудовых лагерей и колоний, ГУЛАГ; Glávnoie upravlenie ispravítelno-trudovyj lageréi i koloniy), escoitar (axuda · info), Dirección Xeral de Campos de Traballo) era a rama do NKVD que dirixía o sistema penal de campos de traballos forzados e moitas outras funcións de policía na Unión Soviética.
A pesar de que este sistema albergaba tamén a criminais de todo tipo, o GULAG é coñecido principalmente tamén por acoller a prisioneiros que poderían selo por cuestións políticas (antigos ministros, sacerdotes, cidadáns deportados...) e como un mecanismo de represión á suposta oposición ao Estado Comunista. Non obstante, ao non existir unha categoría específica de presos "políticos", estes tiñan que soportar unha dobre presión tanto por parte dos carceleiros coma dos delincuentes comúns.
Literalmente, «GULAG» é un acrónimo para denominar á Dirección Xeral de Campos de Traballo, pero co tempo, e segundo a escritora Anne Applebaum no seu libro Gulag: A history:
a palabra Gulag tende a denominar ademais non só á administración dos campos de concentración, se non tamén ao sistema soviético de traballos forzados en si mesmo, en tódalas súas formas e variedades: campos de traballo, de castigo, de criminais e políticos, de mulleres, de nenos ou de tránsito. Ou incluso máis, os prisioneiros nalgunha ocasión chamárono triturador de carne: as detencións, os interrogatorios, o transporte en vehículos de gando, o traballo forzoso, a destrución de familias, os anos perdidos no exilio, as mortes prematuras e innecesarias.[1]
Inda que a encarcelación de millóns de individuos foi reportada por fontes contemporáneas, o nome de Gulag fíxose coñecido en Occidente unicamente trala publicación en 1973 de Архипелаг ГУЛАГ, de Alexander Solzhenitsin, que comparou os dispersos campos cunha serie de illas e lagos.
Termoloxía
[editar | editar a fonte]Algúns autores refírense a todas as prisións e campos de concentración da historia soviética (1917–1991) coma Gulags. O termo tense utilizado en contextos non relacionados coa Unión Soviética, en expresións coma O Gulag de Corea do Norte ou mesmo O Gulag privado de Estados Unidos. Porén, o acrónimo ruso, nunca en plural, non describe un campo particular, senón a institución gobernamental do sistema de campos.
O termo «campo de traballo correctivo» foi suxerido para uso oficial polo politburó do Partido Comunista da Unión Soviética o 27 de xullo de 1929, en substitución do termo «campo de concentración».
O termo coloquial para un preso do GULAG era zeká, zek. En ruso, «preso», «encarcelado», é заключённый, zaklyuchonny, normalmente abreviado a 'з/к' en escritos, pronunciado 'зэкá' (zeká), e gradualmente transformado en 'зэк' e 'зек'. A palabra aínda se emprega na fala coloquial, irrelevante para os campos de traballo. En principio 'з/к' foi un acrónimo para заключенный каналостроитель, zaklyuchonny kanalostroítel ('preso construtor de canais'), denominación dada aos membros da man de obra que construía o Canal Volga-Don. Máis tarde o termo foi reescrito para significar unicamente zaklyuchonny.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Véxase: http://www.anneapplebaum.com/gulag/intro.html Arquivado 13 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |