Guitarra laúde
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Guitarra laúde | |
---|---|
A guitarra laúde (ou laúde guitarra) é un instrumento musical de corda pulsada dos séculos XIX e XX orixinario de Alemaña.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A guitarra laúde é un cordófono híbrido entre un laúde de caixa de resonancia bombeada e unha guitarra. Posúe a forma dun laúde pero tócase e afínase coma unha guitarra.[2] A ponte, as cordas, os trastes e o diapasón son como as da guitarra (aínda que o mastro é máis estreito cá da guitarra moderna) en cambio o aspecto da caixa de resonancia e o clavixeiro tenden ao laúde. A parte posterior da caixa de resonancia está formada por tiras de madeira chamadas doias e a boca da tapa de resonancia non está aberta, senón tapada parcialmente por unha roseta. O clavixeiro pode incorporar tanto mecanismo de clavixa de madeira como o de metal das guitarras modernas.[3] Nas pezas de maior calidade o clavixeiro adoitaba incorporar unha talla no extremo do mesmo.
Historia
[editar | editar a fonte]Este instrumento ten a súa orixe no século XIX, sendo moi popular en Alemaña a finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX, foi moi utilizado nas escolas, tanto por nenos como nenas, debido ás súas similitudes coa guitarra convencional, pero coa estética e a sonoridade dun laúde.[4][2] A súa lonxitude de escala é curta (sobre 63 centímetros), característica que a fixo moi interesante como guitarra de viaxe.[5][2] Debido ao seu éxito, construíronse unha gran cantidade de unidades por diversas fábricas e luthieres, sendo unha delas W. Ritmüller & Sohn.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instrumentos Musicales en los Museos de URUEÑA". Consultado o 2021-04-26.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Noonan, Jeffrey (2008). The Guitar in America: Victorian Era to Jazz Age (en inglés). Univ. Press of Mississippi. ISBN 978-1-60473-302-0. Consultado o 2021-04-26.
- ↑ "Guitarras laud" (en castelán). Consultado o 2021-04-26.
- ↑ Lute News: The Lute Society Newsletter (en inglés). The Society. 2003. Consultado o 2021-04-26.
- ↑ "logophile | Music / LuteGuitar". Consultado o 2021-04-26.