Guillermo Fernández Vara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillermo Fernández Vara

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Olivenza, España Editar o valor em Wikidata
Presidente de Estremadura
4 de xullo de 2015 – 17 de xullo de 2023
← José Antonio Monago TerrazaMaría Guardiola →
Presidente de Estremadura
29 de xuño de 2007 – 7 de xullo de 2011
← Juan Carlos Rodríguez Ibarra (pt) TraducirJosé Antonio Monago Terraza →
Deputado da Asemblea de Estremadura

Circunscrición electoral: Badaxoz
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Córdoba
Universidade da Estremadura (pt) Traducir
College of San Jose, Villafranca de los Barros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , legista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia
Universidade da Estremadura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1988–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: GFVara Editar o valor em Wikidata

Guillermo Fernández Vara, nado en Olivenza o 6 de outubro de 1958, é un médico e político socialista español que é presidente de Estremadura, primeiro entre 2007 e 2011 e de novo dende o 7 de xuño de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun xuíz destinado en Olivenza e dunha oliventina, estudou nun centro dos xesuítas de Villafranca de los Barros EXB, Bacharelato e COU, pasando logo a estudar medicina na Universidade de Córdoba ata se licenciar en 1983 e tres anos despois ingresou por oposición no Corpo Nacional de Médicos Forenses, foi profesor colaborador de medicina legal na Universidade de Valencia (1986-1987) . En 1988 logrou a praza de médico forense con destino en Estremadura, asumindo tamén o posto de profesor asociado na Universidade de Estremadura, e nesa época entrou a militar no PSOE, asumindo postos públicos desde mediados da década de 1990, foi director xeral de saúde pública e consumo (1995-1996), conselleiro de Benestar Social (1996-1999), conselleiro de Sanidade e Consumo (1999-2007) e desde 2003 deputado na asemblea estremeña pola provincia de Badaxoz. No ano 2007 acadou a presidencia da Xunta de Estremadura. Trala negativa de Juan Carlos Rodríguez Ibarra de ser de novo candidato á Presidencia da Xunta de Estremadura, o día 20 de setembro a Comisión Executiva Rexional do PSOE aclama por unanimidade a Fernández Vara como candidato á presidencia nas eleccións de 2007, que gañou o PSOE por maioría absoluta, co 52% dos votos e 25 puntos por riba do PP o que levou á investidura de Fernández Vara como presidente da Xunta de Estremadura o 27 de xuño de 2007. Nas eleccións de 2011 repetiu como candidato á presidencia estremeña, quedando o seu partido en segundo lugar tras o PP, a abstención de Izquierda Unida fixo posible que o candidato popular José Antonio Monago lograse a presidencia da Xunta de Estremadura, mantendo Fernández Vara a secretaria xeral do PSOE estremeño e sendo de novo candidato polo PSOE á presidencia nas eleccións de 2005.