Saltar ao contido

Guillermo Vázquez Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillermo Vázquez Núñez
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata
Santa María de Melide, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfrade, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1148311 BUSC: vazquez-nunez-guillermo-1884-1936 Dialnet: 5056309

Guillermo Vázquez Núñez, nado en Catasol (Santa María de Melide, Melide) en 1884 e finado en Madrid o 24 de agosto de 1936, foi un frade mercedario, sacerdote e historiador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou o noviciado no Convento da Magdalena de Sarria, e fixo os votos sinxelos no mosteiro de Poio. Ordenouse sacerdote en Lugo en 1908. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, onde se licenciou en 1911 e se doutorou en 1917. Na Orde mercedaria foi Padre Provincial de la Provincia de Castilla (1914-1918), Comendador do Mosteiro de Poio (dende 1924) e Historiador de la Orden Mercedaria en la Provincia de Castilla. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado en Madrid o 24 de agosto de 1936.[2]

  1. "Sección Oficial. Junta Ordinaria de 10 de Mayo de 1927". Boletín da Real Academia Galega (195): 86. 1927. 
  2. El Correo Gallego, 24-9-1939, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rodríguez Pampín, Xosé Manuel (1985). "Frai Guillermo Vázquez Núñez". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide (3). 
  • Broz Rei, Xosé Manuel (2012). "O melidán Guillermo Vázquez Núñez, padre Mercedario". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide (25). 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]