Grupo Visegrád
O grupo Visegrád, tamén chamado Visegrád 4 ou V4, é unha alianza de catro países da Europa Central: Eslovaquia, Hungría, Polonia e a República Checa.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Historicamente, este agrupamento ten as súas orixes en 1335, cando os reis bohemio (checo), polaco e húngaro xuntáronse na cidade de Visegrád, Hungría e asinaran un acordo de cooperación. O moderno V4 xuntou na mesma cidade de Visegrád, o 15 de febreiro de 1991, ós xefes de estado e de goberno dos mesmos países (coa división da Checoslovaquia agoran eran catro), co mesmo obxectivo, no sentido de acelerar o proceso de integración europea. Os países membros do grupo Visegrád uníronse á Unión Europea o día 1 de maio de 2004.
Despois de Eslovenia, os países do V4 son os máis ricos da Europa excomunista, con economías de mercado libre relativamente desenvolvidas e cun crecemento económico moderado.