Gridsphere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gridsphere foi o nome de dous satélites de comunicacións experimentais pasivos da Forza Aérea dos Estados Unidos[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Gridpshere formaban parte do experimento AVL-802 formado por estes dous satélites, por Rigidsphere (unha esfera para medir a densidade da atmosfera superior) e por unha esfera de milar reflectante para comparar as características reflectantes desta e dos dous Gridspheres.[1][2]

Os Gridspheres consistían cada un nunha grilla esférica contida nun globo de material fotolizable de tal xeito que unha vez en órbita os globos infláronse, expandindo a grilla, para a continuación desintegrarse pola acción dos raios ultravioleta do Sol, deixando so a estrutura esférica formada polos arames reflectantes usados como reflectores pasivos para comunicación desde terra. A estrutura presentaba moito menos rozamento atmosférico que os globos reflectantes lanzados ata daquela.[1][2]

O primeiro intento de lanzar o experimento AVL-802 cos Gridspheres tivo lugar o 16 de agosto de 1968, pero o foguete, un Atlas SLV-3 Burner-2, fallou. O segundo intento, o 7 de agosto de 1971, mediante un Atlas-E/F, puxo en órbita o conxunto de esferas.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2023). "Gridsphere" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Gridsphere 1, 2 (AVL-802)" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]