Granny Weatherwax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Granny Weatherwax é unha bruxa creada para as novelas de Discworld escritas por Terry Pratchett.

A personaxe[editar | editar a fonte]

O seu verdadeiro nome é Esmeralda Weatherwax e ela, xunto a Nanny Ogg e Magrat Garlick, substituta por Agnes Nitt máis tarde, forman o aquelarre de bruxas de Lancre.

Sen lugar a dúbida é a bruxa máis poderosa que existe e o seu poder e quizais incluso igual á da mítica Black Aliss, quen foi mestra da mestra da súa mestra. Posúe un carácter forte e agre, pero non é malvada, aínda que non por gusto, xa que como confesa nunha ocasión non é boa porque lle gusta, senón porque súa irmá máis vella era malvada e foise da casa e ela tivo que se-la boa e coidar da súa familia e da vila. A pesar de todo, ama a vila e quere a xente que alí vive.

Físico[editar | editar a fonte]

Moi ó seu pesar, non é tan bruxa de aparencia como de poder. Non posúe verrugas, nin é baixa, nin chepa, nin voz rasposa e conserva unha perfecta e branca dentadura a pesar de que ten case sesenta anos. En realidade é unha muller madura con moito atractivo o cal é unha contradición sendo unha bruxa; a única peculiaridade desagradable que ten é o seu cello duro e crítico, que aproveita con tal habilidade que ninguén se fixa nas súas calidades.

Cando era nova foi unha das mulleres máis guapas e desexadas, Mustrum Riddcully foi un dos seus pretendentes e ambos foron o grande amor do outro, pero o orgullo de Granny (xunto cunha visión do futuro que falaba sobre canto viviría el se casaban) fíxolle abandonalo o día antes da voda, sendo esta unha das razóns polas que el acabou sendo mago.

O seu aspecto é o dunha muller alta e delgada, cunha forza tremenda (tanto física como mental) e unha actitude dura incrible (cando vai por un camiño as carretas, os soldados e incluso os animais en desbandadas prefiren cederlle o paso), sempre viste de negro á moda das bruxas, é dicir: vestido ou saia negra, capa negra con forro de veludo vermello, sombreiro negro e puntiagudo e botas grandes e pesadas de punta cadrada.

Ás veces voa na súa vasoira, pero non durante moito tempo seguido, xa que está en moi mal estado e debe correr moito para lograr que acenda e engale.

Posesións[editar | editar a fonte]

Vive nunha cabana cerca da vila (durante moito tempo pensouse que ela era a dona, pero en realidade ó caseiro dálle medo cobrarlle o alugueiro), na que cultiva plantas medicinais (aínda que ás veces as doma primeiro... literalmente.).

Non posúe familia, xa que aínda que as bruxas poden casar e procrear, ela non o desexa. De feito, como se descobre Lords and Ladies, Granny segue sendo virxe, a pesar da súa avanzada idade.

Novelas en que aparece[editar | editar a fonte]

É protagonista:

Aparece como personaxe secundario:

Aparece nomeada: