Grace (adorno musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplos de adornos con notas grace.

Unha nota grace é un tipo de notación musical que representa diversos tipos de adornos musicais.[1] Polo xeral imprímese en tipografía máis pequena para indicar que non é un elemento esencial desde un punto de vista melódico e harmónico. Cando se expresa en forma illada, polo xeral, representa unha acciaccatura. Cando se escriben en grupos, as notas grace poden ser interpretadas como indicando diversas clases diferentes de ornamentos, dependendo da interpretación.

Notación[editar | editar a fonte]

En notación musical, unha nota grace distínguese dunha nota estándar polo tamaño da tipografía. Unha nota grace represéntase mediante a impresión nun tamaño moito máis pequeno ao utilizado para imprimir unha nota estándar, ás veces cunha barra oblicua atravesando o vástago da nota (se hai dúas ou máis notas grace, pode escribirse unha barra oblicua sobre o vástago da primeira nota pero non das notas grace subsecuentes). A presenza ou ausencia dunha barra oblicua no vástago dunha nota a miúdo interprétase como indicando a intención dunha acciaccatura ou appoggiatura, respectivamente.

As obras dalgúns compositores, especialmente Frédéric Chopin, ás veces conteñen longos grupos de notas impresas co tamaño máis pequeno que se reserva para as notas grace simplemente para indicar que o lapso de tempo requirido para executar estas notas como unha unidade é un aspecto subxectivo que debe decidir o músico que executa a peza. Estes grupos de notas escritas en tipografía pequena poden estar ou non acompañadas por unha nota principal, e por tanto poden ou non ser consideradas como notas grace na súa análise.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Music Notation: Theory and Technique for Music Notation (Berklee guide). Mark McGrain (1991) 216 pag. ISBN 9780793508471, ISBN 978-0793508471

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]