Gouren
Aparencia
O gouren ou loita bretoa (en bretón: Gouren breizhek) é un deporte individual practicado entre dous loitadores. Practícase na Bretaña, mais tamén en Cornualla, en Escocia e mesmo en Nova Orleáns, no sur dos Estados Unidos.[1].
Existe na Bretaña unha federación de gouren que depende da Federación Francesa de Loita.
A loita bretoa ou gouren, é unha loita de pé. Ademais, se un dos loitadores toca o chan con calquera outra parte do corpo que non sexa os pés, a loita detense, os loitadores érguense de novo e retoman a loita.
A vitoria, ou lamm, proclámase cando un loitador consegue derrubar o seu opoñente nas costas, co chan en contacto cos dous ombreiros.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Paul Sérusier, 1890-1891
-
Gouel Breizh 2011
-
-
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gouren |
A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |